INFANTIS. SEMIFINAIS COPA AFACO, O VAL - NUMANCIA - AS PONTES.

ATA Á PRÓXIMA TEMPORADA

Semifinais da Copa AFACO infantíl xogadas na mañá do pasado domingo en formato triangular por parte do CD As Pontes, SD O Val e Numancia nas instalacións de O Poboado.

 

As Pontes, 1 de xuño do 2014.

NUMANCIA: Álvaro, Cristian, Antonio, Raúl, Carlos, Pablo, Dani, Saúl, Iván, Martín, Fran Anido, Javi, Marcos, Diego, Josema e Jaime.

Adestrador: Antonio González Varela.

2º Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Luís Feal Campos.

NUMANCIA 1 – SD O VAL 4.

Neste primeiro partido, o Numancia plantoulle cara aos valexos. Adiantábanse os numantinos por medio de Fran Anido e soñaban coa vitoria. Pero nos últimos minutos a calidade e o empuxe dos valexos non poido ser parado polo Numancia.

CD AS PONTES 4 – NUMANCIA 1.

Vitoria clara dos locais ante un Numancia que pouco poido facer ante a superioridade pontesa.

No partido decisivo, CD As Pontes e SD O Val empataban a cero goles, conseguindo o pase a final ante o CD Cedeira o CD As Pontes grazas a quenda dos penaltis.

Con esta participación na Copa AFACO onde o Numancia chegou ata as semifinais do Torneo remata a temporada 2013-2014.

E de xustiza agradecer o traballo, dedicación, esforzo e bo facer durante toda a temporada dos seguintes xogadores:

Álvaro, Fran Romaus, Cristian, Antonio, Raúl, Carlos, Pablo, Dani, Saúl, Iván, Martín, Fran Anido, Javi, Marcos, Diego, Josema, Jaime, Manu, Alex e Adrián.

Agardemos que os 9 xogadores que pasan a categoría cadete continuen no Numancia disfrutando co fútbol e mellorando as suas cualidades.

En canto aos 10 xogadores de primeiro ano que acumularon moitos minutos de calidade ante rivais moi esixentes nesta temporada; agardemos que sexan a base do equipo infantil 2014-2015 e tiren do carro e axuden aos xogadores que suban da categoría alevín.

O Numancia infantil despedirá a temporada na cea oficial o venres 20 de xuño as 22:00 no Casino Aresano onde haberá sorpresas.

Agora é momento de coller unhas merecidas vacacións ata mediados do mes de agosto.

A continuación podedes disfrutar dunha bonita galería fotográfica das semifinais de Copa AFACO obra de Domingo García.

¡ ¡¡GRAZAS A TOD@S POR ACOMPAÑARNOS NESTA TEMPORADA¡¡¡

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.