Inicio Noticias Infantís INFANTIS. 1/4º FINAL COPA AFACO. PERLIO - R. DE NEDA - NUMANCIA.
 
 

INFANTIS. 1/4º FINAL COPA AFACO. PERLIO - R. DE NEDA - NUMANCIA.

UN PREMIO MOI MERECIDO

Na mañá do pasado sábado, Numancia, Rápido de Neda e Perlío disputaban os cuartos de final da COPA AFACO infantil en Prados Vellos en formato triangular. Estos foron os partidos e os seus protagonistas:

 



Antes de dar comezo a os partidos gardouse un respetuoso minuto de silencio en recordó de D. Juan Iglesias Núñez “Taino”, o que fora xogador e adestrador no Numacia, e que tristemente nos deixaba esta semana. Descanse en paz.

Ares, 24 de maio de 2014.

NUMANCIA: Álvaro, Carlos, Antonio, Javi, Marcos, Pablo, Dani, Saúl, Iván, Fran Anido, Manu, Martín, Cristian, Diego e Borja.

Adestrador: Antonio González Varela.

2º Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Luís Feal Campos.

RÁPIDO DE NEDA 3 – PERLÍO 2.

No primeiro partido da mañá, os nedenses con varios xogadores de categoría alevín sorprendían a un Perlío mais físico. Houbo emoción e tensión no encontro que finalmente decantouse a favor dos nedenses.

NUMANCIA 3 – PERLÍO 2.

Bonito partido con alternativas no marcador o que nos ofreceron ambos equipos. O Numancia remontaban un 1 – 2 nos últimos minutos. Os goles de Pablo, Fran Anido e Antonio daban a vitoria ao Numancia.

NUMANCIA 3 – RÁPIDO DE NEDA 2.

Aresáns e nedenses xogaban a final do triangular co pase para as semifinais como premio. Os de Ares conseguiron ponerse cun 2 – 0 favorable. Recurtaba distancias o Neda; pero os numantinos conseguían o 3 – 1. Nuns últimos minutos con emoción e tensión o Neda recurtaba distancias pero o marcador final era de 3 – 2 para o Numancia.

Con estos resultados, o Numancia clasificábase para as semifinais da Copa AFACO infantil. Sen dúbida un premio moi merecido para un grupo de rapaces que nunca se desanimaron na competición de Liga e que loitaron semana a semana cos mellores equipos da categoría.

A vindeira fin de semana este grupo de rapaces terá a oportunidade de xogar un novo triangular xunto ao CD As Pontes e ao vencedor do triangular entre SD Val – Meirás e Narón en día e sede por decidir.

En definitiva unha COPA AFACO que serve para que os nenos sigan xogand unha vez finalizadas as competicións oficiais e para que teñan a ilusión de avanzar rondas neste Torneo Comarcal. ¡¡¡Os numantinos irán a por todas¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.