Inicio Noticias Infantís INFANTIS. MIÑO, 5 - NUMANCIA, 3.
 
 

INFANTIS. MIÑO, 5 - NUMANCIA, 3.

GOLES SON AMORES

Partido correspondente a última xornada da Liga Infantil grupo 4, disputado na tarde do venres no Municipal de Gallamonde ante numerosos espectadores de ambos equipos.


Miño, 16 de maio de 2014

FICHA TÉCNICA:

AD MIÑO: Tino (David), Álvaro, Diego, Martín (C), David, Esteban (Marcos), Alberto (Manu), Raúl, Iago, Adrián (Hugo) e Pedro.

Adestrador: Antonio Vázquez Rendal.

Delegado: José Díaz Taboada.

NUMANCIA: Fran Romaus (Álvaro), Cristian, Antonio (Diego), Raúl, Carlos, Javi (Manu), Pablo (C), Dani, Saúl (Iván), Fran Anido e Martín (Marcos).

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

COLEXIADO: D. Tomás Lorenzo Castro. Sen incidencias.

GOLES:

AD Miño: Hugo (2), Álvaro, Diego e Martín.

Numancia: Fran Anido (3).

CRÓNICA:

Miño e Numancia despedían a Liga nunha soleada e calurosa tarde de venres. Nos primeiros minutos o AD Miño atopouse con tres goles debido a falta de concentración e de intensidade do Numancia Co paso dos minutos os de Ares foron reaccionando e tiveron ocasións de sobra para remontar. Pero Fran Anido soamente estivo acertado en dúas ocasións, sendo o resultado no intermedio de 3 - 2 favorable aos locais.

Na segunda metade foi moito mellor o Numancia. Fran Anido empataba o partido no minuto 60. No último tramo de partido os numantinos erraban multitude de ocasións ante a portería local. E xa se sabe que no fútbol o que perdoa.....Nos últimos cinco minutos o AD Miño conseguía dous goles para a levarse a vitoria co resultado de 5 - 3.

En resumo, bo partido do Numancia en líneas xerais. Pero como en varios partidos de esta temporada ante bos equipos, a fraxilidade defensiva e a falta de acerto nos últimos metros privoulles dun resultado positivo.

En definitiva, rematou a Liga para o Numancia. Os de Ares tiveron a honra de xogar na Liga da Fase de Ascenso loitando contra seleccións de equipos como Portuarios, Racing de Ferrol, CD As Pontes, Narón.... Os rapaces competiron dignamente en prácticamente todos os partidos. Quizás esa última posición na clasificación non sexa moi xusta.... O qué si é certo e que o Numancia infantil quedou de 12ª clasificado de 26 equipos que formaron parte da categoría infantil. Houbo 14 equipos que tiveron que xogar Ligas de Consolación. Os numantinos, xogaron ante os mellores equipos cun bloque con moitos xogadores de primero ano. De seguro, unha boa experiencia e unha gran temporada de aprendizaxe para os nenos, a pesares do aprendizaxe.

Sen dúbida, o mellor resultado para o Numancia foi que dos 20 nenos que comezaron a temporada a terminan 19. ¡¡¡Ese é o verdadeiro éxito e obxetivo no fútbol base¡¡¡ ¡¡¡EDUCAR E FORMAR¡¡¡

Agora chega o momento da Copa AFACO para completar cando menos o mes de maio. O vindeiro sábado dende as 10:15 en Prados Vellos, Perlío, Neda e Numancia xogaránse en formato triangular o pase as semifinais da competición. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

A continuación desfrutade dunha magnífica galería fotográfica do Miño - Numancia por xentileza de Domingo García.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.