Inicio Noticias Infantís INFANTIS. NUMANCIA, 0 - NARON, 4.
 
 

INFANTIS. NUMANCIA, 0 - NARON, 4.

LOITANDO ATA O FINAL

Partido correspondiente a penúltima xornada da Liga Infantil grupo 4, disputado na tarde do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Ares, 10 de maio de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Álvaro, Diego (Manu), Antonio, Javi, Carlos, Pablo, Dani (C), Saúl, Iván (Cristian), Martín e Fran Anido.

Adestrador: Antonio González Varela.

2º Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Luís Feal Campos.

NARÓN: Pablo (Roberto), Martín (Rodrigo), Luís, Serafín (David), Brais, Germán (Sergio), Diego (C), Jose, Pablo, Xabi (David Rodríguez) e Bruno.

Delegado: Carlos Rodríguez Díaz.

COLEXIADO: D. Francisco García Rodríguez. Sen incidencias.

GOLES:

Narón: David, Diego e Pablo (2).

CRÓNICA:

Último partido da Liga en Prados Vellos para o Numancia infantil que recibía a visita dun bo equipo como o Narón. Os numantinos competiron ata o último tramo de partido, onde sucumbiron ante a maior frescura e calidade dos azuis.

Na primeira metade os aresáns exerceron unha forte presión sobre os naroneses. Os envíos sobre Iván, Fran Anido, Martín... xeneraban ocasións de perigo para os numantinos que non acadaron o premio do gol. Os visitantes achegábanse tamén a portería defendida por Álvaro pero coa mesma escasa puntería que os de Ares. Con este panorama o resultado o descanso era de 0 - 0.

Na segunda metade saía mellor o Narón e no miuto 56 David anotaba o 0 - 1. Non baixaron os brazos os numantinos que buscaron o empate. No minuto 67 duro mazazo para os intereses do Numancia xa que Diego facía o 0 - 2. No último tramo de partido cun Numancia volcado e arriscando en busca do empate chegaron dous contraataques dos naroneses que foron aproveitados para establecer o 0 - 4 final; un resultado bastante abultado para os méritos de ambos equipos no terreo de xogo.

En resumo, partido moi digno dun mermado Numancia por ausencias de última hora ante un rival da zona noble da clasificación como o Narón. Os rapaces loitaron durante os oitenta minutos no terreo de xogo aínda que sin premio estadístico.

A vindeiro venres as 19:00 no campo municipal de Gallamonde en Miño o Numancia despedirá a competición de Liga ante o equipo local. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

A continuación deixámosvos cunha magnífica galería fotográfica do Numancia - Narón por cortesía de Domingo García.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.