Inicio Noticias Infantís INFANTIS. R. SAN PEDRO, 3 - NUMANCIA, 3.
 
 

INFANTIS. R. SAN PEDRO, 3 - NUMANCIA, 3.

EMPATE QUE SABE A POUCO

Partido correspondiente a 17ª xornada da Liga Infantil grupo 4, disputado na mañá do sábado no campo de herba artificial das instalacións de A Gándara en Ferrol ante numeroso público.

 

Ferrol, 12 de abril de 2014.

FICHA TÉCNICA:

RACING SAN PEDRO: Jose Mella, Andrés, Jose López, Thales, Gilmar (C). Miguel, Iván, Pablo (Jonatan), Douglas (Javier), Isaak e Javi.

Adestrador: Jose V. Corral Rubín.

Delegado: David Ahijado Fernández.

NUMANCIA: Fran Romaus, Carlos (Javi), Antonio, Raúl, Diego (Marcos), Dani (C), Saúl, Cristian (Manu), Fran Anido, Martín (Josema) e Iván

Adestrador: Antonio González Varela.

Delegado: Jorge Martínez Varela.

COLEXIADO: D. Antonio Belizón Flores. Sen incidencias.

GOLES:

0 - 1 (IVÁN) Bonito pase diagonal de Fran Anido que recolle Iván e anota diante do porteiro local, (minuto 9).

0 - 2 (FRAN ANIDO) Contraataque do Numancia levado por Cristian que asiste a Fran Anido. Este último de disparo dende a frontal consigue o segundo gol dos numantinos, (minuto 16).

1 - 2 (ISAAK) Falta lateral sacada por Isaak que sorprende a Fran Romaus, (minuto 22).

1 - 3 (MARTÍN) Centro de Antonio que remata Martín de cabeza na área pequeña, (minuto 39).

2 - 3 (IVÁN) Iván Botana de penalti, (minuto 41).

3 - 3 (JAVIER) Roubo de balón de Javier que se anticipa a defensa numantina e bate a Fran, (minuto 63).

 

 



CRÓNICA:

Visitaba o Numancia as instalacións de A Gándara para xogar ante o R. San Pedro, un equipo situado tamén na zona baixa da clasificación. Buscaron os numantinos a vitoria e si non a trouxeron foi por falta de concentración en momentos claves do partido.

Na primeira metade saiu mellor o Numancia e co paso dos minutos foi achegándose con perigo a portería local. Iván e Fran Anido conseguían poñer o Numancia co resultado favorable de 0 - 2 cando apenas levabamos 20 minutos de partido. O último tramo de partido foi mais igualado e Isaak recurtaba distancias para os locais. Perdonaban os numantinos ocasións claras, pero por sorte aparecía a cabeza do pequeno Martín para establecer o 1 - 3 co que se chegaría o descanso.

Na reanudación, saiu moito mais metido o R. San Pedro no partido. No minuto 41, Iván Botana conseguía un 2 - 3 transformando un claro penalti cometido por Fran Romaus. Os locais aproveitaban o empuxe do gol para achegarse con perigo a meta de Fran que tivo que empregarse a fondo en varias ocasións. O numantino Iván tivo o partido nas suas botas cun lanzamento de falta, pero o gran porteiro alevín do R. San Pedro José Mella facía unha extraordinaria parada. Por desgracia para os numantinos un agasallo era aproveitado por Javier para facer o 3 - 3 definitivo no minuto 63. Nos últimos minutos ambos equipos buscaron a vitoria pero o resultado xa non se moveu.

En definitiva, bo partido do Numancia infantil que contaba con algunhas baixas neste partido. Bo nivel amosado; aínda que foi unha pena que se escapara a vitoria debido os agasallos defensivos ou os erros de concentración en momentos claves do partido. O equipo sumou un punto a domicilio, pero foise coa sensación de que deixaba escapar dous. ¡¡¡Unha mágoa¡¡

Felicitar o porteiro infantil do Numancia, Álvaro que nesta ocasión non poido xogar cos seus compañeiros xa que xogou os 80 minutos co equipo cadete ante o Cedeira. ¡¡¡Noraboa¡¡¡

O próximo encontro para o Numancia será o fin de semana do 26 de abril, visitando as instalacións de Aneiros en Ferrol para xogar ante o Portuarios.

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.