Inicio Noticias Infantís INFANTIS. MEIRAS, 0 - NUMANCIA, 0.
 
 

INFANTIS. MEIRAS, 0 - NUMANCIA, 0.

UN PUNTO MOI TRABALLADO

Partido correspondiente a 15ª xornada da Liga Infantil grupo 4, disputado na tarde do sábado no campo principal do Misael Prieto en Meirás ante numerosos espectadores de ambos equipos.


Meirás, 29 de marzo de 2014.

FICHA TÉCNICA:

MEIRÁS: Borja, Saulo, Iago Míguez, Carlos (C), Iago Pérez (Álvaro), Fran (Alberto), Yetur, Óscar, Pedro (Saúl), Adrián e Sergio.

Adestrador: Manuel Luaces López.

Delegado: José V. Sedes Vilar.

NUMANCIA: Álvaro, Jaime (Martín), Antonio, Raúl, Javi (Marcos), Pablo, Dani (C), Saúl (Josema), Cristian, Fran Anido e Iván. (Carlos)

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Luís Feal Campos.

COLEXIADO: D. Marcos Padín Pita. Amoestou a Iago Míguez, Saulo e Carlos no Meirás e a Fran Anido por parte do Numancia.

 



CRÓNICA:

Visitaba o Numancia as instalacións do Misael Prieto coa dúbida de se xogaría no campo anexo ou no principal. Por sorte, a climatoloxía foi benévola durante o fin de semana e os equipos infantís de Meirás e Numancia poideron disfrutar da alfombra de herba natural do Misael Prieto disputando un partido moi emocionante e competido onde calqueira dos dous equipos poido gañar.

Na primeira metade, comezou mellor o Numancia tendo a posesión do balón; aínda que algo impreciso nos primeiros minutos. Os locais agardaban replegados os fallos do Numancia na línea de creación. Neste primeiro tempo tivo o Numancia ocasións por parte de Cristian, Fran Anido e Iván que non atoparon o premio do gol. Os de Meirás tiveron tamén nas suas opcións aproveitando algún agasallo da defensa numantina ou en xogadas a balón parado. Coas espadas en todo o alto e o 0 - 0 no marcador chegabamos o tempo de lecer.

Na reanudación foi o Meirás o que saiu mais forte. Os verdinegros adiantaron as suas lineas e tiveron varias aproximacións a portería de Álvaro. Os numantinos defendíase con coraxe e de vez en cando saían en perigosos contraataques. Martín tivo unha clara ocasión de gol a 10 minutos do final pero o balón saiu fora lixeiramente. Nos últimos minutos de partido os locais tiveron tamén unha clara ocasión de gol. No tempo de desconto o xoven colexiado Marcos Padín amosabase valiente anulando un gol o equipo local por fora de xogo a pesar das airadas protestas de xogadores, corpo técnico e público local. Con polémica e moita emoción remataba o partido no Misael Prieto co resultado inicial.

En resumo, bonito, intenso e disputado partido de infantís o que hoxe disputaron Meirás e Numancia na alfombra dun Misael Prieto que por momentos fíxose grande para xogadores de 13-14 anos que hoxe fixeron un gran esforzo físico sobre o campo.

En definitiva, un punto moi traballado o que conseguiu o equipo infantil do Numancia no seu desprazamento a Meirás ante un dos equipos da zona media da clasificación. Agardemos seguir vendo nas próximas xornadas a entrega, sacrificio e boa imaxe que veñen amosando nas últimas xornadas os rapaces.

O vindeiro sábado o Numancia xogará en Prados Vellos ante o Galicia de Caranza "B"; un equipo que xogará a final de Copa e que está situado na zona media - alta da clasificación. Os numantinos intentarán poñerlle as cousas moi difíciles, ao igual que sucedeu na primeira volta. Para conseguilo necesitarán do apoio da Marea Vermella en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

O noso agradecemento a Domingo García, pai de Dani, e a Javi Varela, pai de Marcos, pola sua colaboración ao achegarnos as fotos para o reportaxe gráfico.

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.