INFANTIS. O VAL, 7 - NUMANCIA, 1.

UN CASTIGO DEMAISADO EXCESIVO

Partido correspondente a 13ª xornada infantil grupo 4º, disputado na mañá do sábado no campo de herba artificial de Sinde, en O Val.

 

 

O Val 15 de marzo de 2014.

FICHA TÉCNICA:

O VAL: Dani, Martín (Héctor), Jose, Subash (Matías), Jaime (Marcos), Adrián Collado, Adrián Fernández (C), Bruno, Miguel (Rubén), Del Río e Juan.

Adestrador: Antonio Ramos Castro.

Delegado: Sergio Romero Rodríguez.

NUMANCIA: Álvaro (Fran Romaus), Jaime, Fran Anido, Raúl, Antonio, Pablo, Dani (C), Saúl (Manu), Cristian (Marcos), Martín (Carlos) e Alex (Iván)

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

2º Adestrador: Marcos Amor Roel.

Delegado: Luís Feal Campos.

COLEXIADO: D. Roberto Díaz Cruz. Amoestou a Raúl no Numancia.

GOLES:

O Val: Adrián Fernández (2), Rubén (2), Del Río, Miguel e Juan.

Numancia: Saúl

Visitaba o Numancia as instalacións de Sinde para medirse a un dos mellores equipos da categoría que por distintos motivos atópase situado na zona media da clasificación. Os numantinos fixeron unha gran primeira metade onde conseguiron adiantarse; pero sucumbiron nos últimos 20 minutos de partido.Instante partido de ida infantil Numancia - O Val (14/12/2013)

Comezaba o partido cos locais tendo a posesión do balón e cun Numancia valente, exercendo unha forte presión en campo contrario. Asumía riscos o Numancia e os valexos atopaban de vez en cando espazos para achegarse a portaría de Fran. Tamén o Numancia buscaba a velocidade dos homes mais adiantados. Primeiramente foi Alex Feal o que se encontraba co porteiro local nunha clara ocasión de gol. Posteriormente Saúl de disparo dende media distancia recibía o premio o esforzo do Numancia anotando o 0 - 1 no minuto 30. Non poido conservar a vantaxe o Numancia ata o descanso, xa que no minuto 32 Adrián Fernández establecía o 1 - 1, resultado que figuraba no descanso.

Na segunda metade os numantinos seguían na misma línea, aunque co paso dos minutos o gran esforzo físico iba pasando factura. Os locais conseguían dous goles consecutivos por medio de Del Río e de Miguel, establecendo o 3 - 1 no minuto 55. Ata ahí aguantou o Numancia na sua misión de presionar, combinar rápido e dar todo no terreo de xogo. Foron 55 minutos moi bos tácticamente, con gran entrega, sacrificio e derroche físico dos numantinos. Soamente a maior eficacia e calidade técnica dos locais decantaba o partido para os de O Val. Sobraron os últimos 20 minutos nos que os valexos aproveitaron a baixada de brazos dos de Ares para deixar o marcador final nun 7 - 1 demasiado abultado para o visto no terreo de xogo de Sinde.

En resumo, vitoria xusta de O Val aínda que abultada. O mellor foi ver a gran imaxe do equipo durante 55 minutos; sendo unha continuación do bo partido da semana anterior ante o Eume. O peor foron os últimos 20 minutos de partido, onde o esforzo físico, o calor e a falta de actitude dalgún xogador "ensuciaron" un bo traballo do equipo durante o resto do partido.

A vindeira semana o Numancia infantil recibirá a visita do 2º clasificado, o CD As Pontes. Sen dúbida será un partido compricado para os nosos rapaces que deberán amosar a sua mellor imaxe para estar a altura deste esixente compromiso.

No fútbol base, a educación, formación, participación e diversión son as líneas maestras. O resultado en teoría é anecdótico; porque sexa cal sexa o resultado; nunca un rapaz debe desanimarse, loitar nin deixar de disfrutar e moito menos cando leva un escudo na camiseta. A misión dos adultos e facerlles comprender isto e non deixar nunca de animalos tanto no campo como fora do mesmo.

"EDUQUEN A LOS NIÑOS, ASÍ NO HABRÁ QUE CASTIGAR A LOS HOMBRES"

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.