INFANTIS. NUMANCIA, 2 - EUME, 2.

VITORIA MORAL; EMPATE FINAL.

Partido correspondiente a 12ª xornada da Liga Infantil grupo 4, disputado na tarde do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Ares, 8 de marzo de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Álvaro (Fran Romaus), Jaime (Javi), Fran Anido, Raúl, Antonio, Pablo Vascós, Dani (C), Saúl (Adrián), Cristian, Martín (Alex) e Carlos (Marcos).

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

2º Adestrador: Marcos Amor Roel.

Delegado: Luís Feal Campos.

EUME: Alex, Fran, Miguel, Adrián, Cristian (Miguel Carballeira), Hugo (C) (Javi), Raúl, Iago Leira, Ángel (Andrés), Pablo e Iago Rodríguez (Miguel Rico).

Adestrador: Juan Puentes Tenreiro.

Delegado: Jesús Leira Pena.

COLEXIADO: D. Alberto Martínez Míguez (sen incidencias)

GOLES:

1 - 0 (SAÚL) Bonita triangulación entre Dani, Carlos e Saúl que termina este último cun magnífico lanzamento dende fora da área que bate a Alex por alto (minuto 25).

2 - 0 (ALEX) Internada de Carlos por banda esquerza que termina cunha asistencia para que Alex anote diante do porteiro, (minuto 42).

2 - 1 (ANDRÉS) Andrés aproveitando o rexeite dun disparo por parte de Fran Romaus, (minuto 60).

2 - 2 (MIGUEL RICO) Potente disparo de Miguel Rico dende fora da área que bate a Fran por alto, (minuto 81).

 

 

CRÓNICA:

Recibía nunha tarde de sábado soleada en Prados Vellos o Numancia infantil a un rival da zona media da clasificación como o Eume Deportivo. Os numantinos querían sorprender os eumeses en Prados Vellos e a piques estiveron de conseguir unha mais que merecida vitoria.

Na primeira metade sorprendeu o Numancia o Eume cunha presión moi alta. Chegaban con facilidade os numantinos a portería eumesa. No minuto 25 unha fermosa xogada colectiva dos aresáns era terminada por Saúl cun magnífico disparo que sorprendía o porteiro eumés. Antes do descanso intentaba reaccionar o Eume, pero co resultado de 1 - 0 favorable o Numancia chegabamos o intermedio.

Na reanudación, saía moi forte o Numancia e no minuto 42 conseguía Alex Feal o 2 - 0 aproveitando unha asistencia de Carlos. Co paso dos minutos o Eume foi arriscando, pechado ó Numancia no seu campo, aínda que sen levar demasiado perigo sobre a portería numantina. Os aresán tiveron duas opción de pechar o partido en sendas xogadas ofensivas na que Alex e Cristian non tiveron a sorte de cara. No minuto 60 anotaba Andrés o 2 - 1 para o Eume. Nos últimos minutos do partido o Numancia resistía o acoso eumes cun magnífico traballo defensivo. Pero no desconto un fatídico disparo lonxano de Miguel Rico colocaba o 2 - 2 no marcador, para decepción e desesperación duns xogadores numantinos que o deron todo neste partido e que sen dúbida mereceron un premio moito maior que o empate. Non poido chegar a vitoria, pero o recoñecemento dos adestradores, do rival e do público polo enorme partido realizado ten moitas veces mais valor que os 3 puntos dunha vitoria anecdótica cando non se loita por obxetivos concretos.

En resumo, un dos mellores partidos da temporada o realizado polo Numancia infantil na tarde do sábado ante o Eume Deportivo. Estamos seguros que xogando coa intensidade, concentración, sacrificio e atrevimento de hoxe este Numancia infantil dará moitas ledicias a parroquia numantina e abandonará o último posto da clasificación da "Liga dos mellores" antes que termine a mesma.

O próximo sábado o Numancia intentará sorprender no campo de Sinde a outro dos equipos da zona media como é a SD O Val. Calidade hai de sobra, agardemos tamén que a motivación sexa a mesma de aquí a final de temporada.... para loitar sen complexos partido a partido.

¡¡¡Vémonos o próximo sábado no campo de Sinde en O Val¡¡¡

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.