Inicio Noticias Infantís INFANTIS. NUMANCIA, 1 - PERLIO, 1.
 
 

INFANTIS. NUMANCIA, 1 - PERLIO, 1.

A FORZA DOS PEQUENOS

Partido correspondente a 9ª xornada da Liga Infantil grupo 4º, disputado na mañá do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 



Ares 15 de febreiro de 2014

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Álvaro, Javi (Borja), Fran Anido, Raúl, Marcos (Mario), Dani (C), Pablo Vascós, Adrián (Iván), Diego (Carlos), Martín e Alex.

Adestrador: Antonio González Varela.

2º Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Luís Feal Campos.

PERLÍO: Mateo, Alexis, Diogo (Diego), Pablo (Dani Bello) Pena, Pablo Vázquez, Dani, Hugo (Sergio), Brais (C), Xabi, Javi (Yerai) e Mario (Simón)

Adestrador: Leonardo García Ameneiro.

Delegado: José A. Bolaño Veiga.

COLEXIADO: D. Daniel Pérez Ferro. Amoestou a Diego no Numancia.

GOLES:

1 - 0 (RAÚL) Córner centrado maxistralmente por Martín que remata Raúl de cabeza, (minuto 5).

1 - 1 (BRAIS) Falta lateral rematada por Brais libre de marca no segundo palo, (minuto 11).

 

 



CRÓNICA:

Recibía o Numancia a un rival da sua liga como é o Perlío nunha maña fria e soleada de sábado. O equipo local contaba co numerosas baixas que foron suplidas por dous xogadores da categoría alevín.

Nos primeiros minutos sairon moi fortes os xogadores numantinos. Como premio chegaba no minuto 5 o gol de Raúl no lanzamento dun saque de esquina. Pero cando mellor estaban os numantinos chegaba o 1 - 1 por parte de Brais no minuto 11, tamén a balón parado. Logo dun comezo de partido con goles, chegou un tempo de calma e centrocampismo e partido físico. Nos últimos minutos da primeira metade o Numancia tivo algunha ocasión; pero o resultado ó descanso era de 1 - 1.

Na segunda metade estivo mellor ó Perlío axudado tamén polo seu maior poderío físico. Os de Fene pecharon os de Ares que traballaron con moito sacrificio para non encaixar ningún gol. No último tramo de partido o Numancia levou perigo con sendos lanzamentos de falta de Iván e Fran Anido; pero o bo porteiro do Perlío, Mateo ou a falta de puntería impediron o premio. Cabe destacar que na última xornada do partido os visitantes tiveron tamén opción de levarse a vitoria nun contraataque no que o dianteiro fenés non estivo acertado na definición. Con emoción, igualdade e co resultado de 1 - 1 que semellaba ser xusto chegouse o final do partido.

Mención moi especial neste partido para os xogadores alevíns do Numancia, Mario Martínez e Borja Souto que na mañá do sábado foron literalmente erguidos da cama para que acudiran na axuda do equipo infantil. Con cara de sono e moita ilusión acudiron fugaces a Prados Vellos sen dubidalo e cumpriron de sobra coa misión de cumprir co equipo de infantís. Gran exemplo de compromiso. ¡¡¡Moitas grazas rapaces¡¡¡

En resumo, bo partido do equipo infantil do Numancia ante un equipo rocoso e moi físico. Seguindo esta línea de traballo e de boas sensacións semanais o premio maior dos tres puntos volverá a chegar onde menos o agardemos. ¡¡¡A seguir así¡¡¡

A vindeira semana o Numancia xogará no campo de O Cadaval en Piñeiros ante o Narón Balompé. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.