INFANTIS. NUMANCIA, 3 - MEIRAS, 2.

UN PREMIO MERECIDO

Partido correspondente a 4ª xornada da Liga Infantil grupo 4, disputado na mañá do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Antes do inicio do partido gardouse un emotivo e respetuoso minuto de silencio polo tráxico accidente marítimo acontecido no Faro de Meirás no día de Reis.

Ares 11 de xaneiro de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Álvaro (Fran Romaus), Diego (Cristian), Antonio, Raúl, Javi (Manu), Pablo Vascós, Dani (C), Adrián (Iván), Saúl, Martín (Marcos) e Alex Feal.

Adestrador: Antonio González Varela.

2º Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Luís Feal Campos.

MEIRÁS: Sergio, Saulo, Iago (Saúl), Carlos (C), Iago, Álvaro, Yetur, Óscar (Álvaro Gutiérrez), Pedro (Alberto), Adrián e Fran.

Delegado: Manuel Luaces López.

COLEXIADO: D. Eduardo Pereira Dobarro. Amoestou a Sergio e Fran por parte do Meirás.

GOLES:

1 - 0 (ALEX FEAL) de penalti. (minuto 1).

1 - 1 (ÓSCAR) Oscar entra pola zona central da defensa numantina e bate a Álvaro. (minuto 11).

2 - 1 (ALEX FEAL) Pase de Raúl á espalda da defensa visitante. Alex Feal moi atento faise co balon e bate o meta visitante.

2 - 2 (ÓSCAR) Balón solto dentro da área numantina que aproveita Óscar para anotar ante Álvaro. (minuto 42).

3 - 2 (ALEX FEAL) de penalti (minuto 73).

 



CRÓNICA:

Iniciaba o Numancia infantil este 2014 con ganas de conseguir os seus primeiros puntos na esixente e dura Liga do grupo que da dereito a xogar a fase de ascenso. Non loitará por iso o Numancia pero si que terá partidos da sua Liga nos que poderá demostrar o seu potencial. O de hoxe ante o Meirás era un dos marcados en vermello no calendario e o equipo numantino saiu vitorioso do mesmo.

Non podía comezar mellor o encontro cando no primeiro minuto unha man inocente dun xogador do Meirás dentro da sua área era sinalada como penalti. Unha pena máxima que aproveitaba Alex Feal para conseguir o 1 - 0. Moita loita nos primeiros minutos sen ningún dominador claro. Óscar conseguía o 1 - 1 para o Meirás no minuto 11. Nunha primeira metade con moita intensidade e con ambos equipos buscando a velocidade dos seus atacantes; Alex Feal conseguía o segundo tanto, establecendo o 2 - 1 co que se chegaba ó descanso.

Na segunda metade o Meirás anotaba o 2 - 2 por medio de Óscar nada mais comezar a mesma. Con empate e con Numancia e Meirás buscando a vitoria avanzou unha segunda metade algo bronca; con mais emoción e tensión que fútbol. Por sorte no minuto 73 un defensa do Meirás empuxaba de forma clara a Iván dentro da área. O colexiado sinalaba penalti e de novo Alex Feal anotaba o mesmo para conseguir o definitivo 3 - 2 e facer un hatrick neste partido.

En resumo, partido moi disputado entre Numancia e Meirás. Ningún dos dous equipos foi superior en xogo nin en intensidade. Pero o Numancia estivo mais afortunado nas dúas áreas; sendo determinante este último aspecto.

En definitiva, gran partido do Numancia infantil con esforzo, sacrificio e remontando e superando por dúas veces o gol do empate do Meirás. Este grupo de rapaces loitou hoxe ata o final pola vitoria, tendo tamén momentos de bo xogo que acompañaron a intensidade defensiva. Cando un equipo loita desa maneira ante outro de nivel parello poden chegar os premios. Hoxe por sorte chegou en forma de vitoria, ledicia e de inxección de moral para este grupo de xogadores infantís do Numancia que terá que seguir traballando moito para competir nesta Liga Infantil tan esixente e de bo nivel.

Na vindeira semana, o Numancia intentará sorprender a un dos finalistas de Copa, o Galicia de Caranza "B" no Municipal de Caranza; onde xogarán sen nada que perder e con moito que gañar.

Vémonos o vindeiro fin de semana en Caranza animando ó equipo infantil.

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.