Inicio Noticias Infantís INFANTIS. NUMANCIA, 2 - O VAL, 7.
 
 

INFANTIS. NUMANCIA, 2 - O VAL, 7.

AGUANTOUSE ATA DONDE SE PUIDO

Partido correspondente a 2ª xornada da Liga Infantil grupo 4, disputado na maña do sábado en Prados Vellos ante numerosos aficionados de ambos equipos.

 

Ares 14 de decembro do 2013

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Fran (Álvaro), Jaime, Javi (Alex Feal), Raúl, Diego (Marcos), Antonio, Pablo Vascós, Dani (C), Cristian, Martín e Iván (Adrián).

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

SD O VAL: Sergio, Martín (Rubén), Marcos (Héctor), Hugo, Matías (Cristian), Jaime, Del Río, Isma, Adrián, Bruno e Miguel (Collado).

Delegado: Antonio Ramos Ramos.

COLEXIADO: D. Raúl Acebo Bustabad. Amoestou a Javi no Numancia e a Marcos por parte de O Val.

GOLES: Dani e Alex Feal polo Numancia; Adrián (2), Isma (3), Adrián e Collado para O Val.

 

 

CRÓNICA:

Recibía o Numancia a un dos equipos favoritos para loitar polo título absoluto de infantís, a SD O Val. Os de Narón demostraron dende o primeiro minuto o porqué de ese favoritismo. Imprimiron un alto ritmo de circulación, axudado por un físico envidiable e moita calidade nos seus xogadores de equipo. Ante iso, un Numancia moi ordenado, xeneroso e intenso foi capaz de facer fronte a este gran equipo durante 30 minutos; sendo o resultado na media hora de xogo de 1 - 2. Unha mágoa os dous goles dos valexos antes do descanso que romperon e sentenciaron o partido antes de marchar os vestiarios; chegando o descanso co resultado de 1 - 4.

Na segunda metade, o Numancia acusou o esforzo físico pero non deixou de buscar o premio do gol. O partido rompeuse, os visitantes aproveitaron os espazos para facer tres goles mais; namentras que por parte do Numancia, Alex Feal foi capaz de marcar o seu gol aproveitando un gran pase de Dani. Co resultado de 2 - 7; sendo o último gol dos valexos un auténtico gol pantasma que puxo a proba a visión de halcón do xoven colexiado chegabamos ó final do encontro.

En resumo, gran esforzo dos rapaces do Numancia; moitos deles de primeiro ano ante un dos equipos chamados a loitar polo título. Dende logo hoxe en Ares demostrou a sua calidade e superioridade. Soamente queda felicitar a SD O Val e desexarlle o xogador dos valexos Miguel Abeledo unha pronta recuperación da lesión de xeonllo sufrida hoxe en Prados Vellos.

A vindeira fin de semana os infantís do Numancia visitarán as instalacións de O Poboado en As Pontes para medirse ante o equipo anfitrión; na que será a 3ª xornada de Liga e a última antes das vacacións de Nadal.

¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.