Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. NUMANCIA, 3 - SAN SADURNIÑO, 1
 
 

INFANTÍS. NUMANCIA, 3 - SAN SADURNIÑO, 1

VITORIA PARA COLLER CONFIANZA

Partido correspondente a penúltima xornada de Copa disputado na mañá do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

 

 

 

Ares, 23 de novembro do 2013

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Álvaro (Fran Romaus), Jaime, Raúl, Javi (Josema), Antonio, Dani (C), Pablo Vascós, Saúl (Adrián), Cristian (Alex Feal), Martín (Manu) e Iván.

Adestrador: Antonio González Varela.

2º Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Luís Feal Campos.

SAN SADURNIÑO: Jorge, Manu, Fran, Gabri (Aarón), César, Aldara, Óscar, Dani (Elías), Emma (Daniel), Yaiza (C) e Hadrián.

Adestrador: Jose Fernández Corral.

Delegado: Antonio Anidos Tembras.

COLEXIADO: D. Agustín Eguren Prieto. Amoestou a Jorge no CD San Sadurniño.

GOLES:

1 - 0 (RAÚL) Córner moi ben sacado por Saúl e rematado de cabeza por Raúl, (minuto 5).

2 - 0 (IVÁN) Boa xogada combinativa do Numancia; Martín centra dende á banda e Iván remata dentro da área, (minuto 14).

2 - 1 (HADRIÁN) Potente disparo de falta de Hadrián que bate a Fran Romaus por alto, (minuto 47).

3 - 1 (ANTONIO) Bonito gol de falta de Antonio, (minuto 59).

CRÓNICA:

Bo partido do Numancia infantil ante un rival de nivel parello, o CD San Sadurniño. Comezaban mandando no partido os numantinos e como premio a ese dominio chegaba o gol de Raúl no minuto 5. A primeira metade foi claramente do Numancia, que tivo o control do esférico, a posesión e as mellores xogadas de ataque. Nunha das mellores xogadas do partido chegaba o gol de Iván no minuto 15. Se non chegaron mais goles para os de Ares na primeira metade foi pola precipitación e falta de acerto nas xogadas de ataque. Co resultado de 2 - 0 chegabamos ó tempo de descanso.

Na segunda metade comezaron con forza os visitantes que pecharon ó Numancia na súa área nos primeiros 10 minutos da segunda metade. Froito dese acoso e derribo chegaba no minuto 47 o gol de Hadrián nun potente disparo de falta. Pouco a pouco o Numancia foi recuperando o seu sitio no campo e lanzando rápidos contraataques. Nunha desas rápidas xogadas Alex Feal encaraba ó porteiro tocando éste último o balón coa man fóra da área. O posterior lanzamento de falta foi moi ben executado por Antonio que conseguía o 3 - 1 para os numantinos no minuto 59. Os últimos 20 minutos do partido foron prácidos para os numantinos, con claro dominio e control do partido ata que chegou o pitido final do colexiado.

En definitiva, moi bo partido dos xogadores infantís do Numancia que contínuan acumulando minutos na categoría e ofrecendo un bo nivel ante equipos de nivel parello; demostrando que poden chegar a un bo nivel a competición de Liga.

O próximo partido do Numancia terá como escenario o Municipal de Caranza e como rival a Escola de Fútbol do Galicia de Caranza para poñer fin a competición de Copa. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.