Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. ANIMAS, 4 - NUMANCIA, 7.
 
 

INFANTÍS. ANIMAS, 4 - NUMANCIA, 7.

UN EQUIPO CAMALEÓNICO

Partido correspondente a 11ª xornada da Copa Infantil grupo 2, disputado na tarde do venres nas instalacións de A Gándara en Ferrol.

 


 



Ferrol 15 de novembro do 2013

FICHA TÉCNICA:

SCDR ÁNIMAS: Adrián (Kevin), José Antonio (José Enrique), Miguel (C), Carlos, Martín, Fernando (Rui), Diego, Adrián (Alex), Jesús, Yago e Alejandro (Gabarre).

Adestrador: Andrés García Corral.

Delegado: Jonatan Salazar Monteiro.

SDR NUMANCIA DE ARES: Fran Romaus (Álvaro), Jaime (Diego), Fran Anido, Javi (Adri), Antonio, Raúl, Pablo Vascós (Josema), Dani, Cristian (Alex Feal), Martín e Iván.Instante do partido Ánimas - Numancia (A Gándara 15/11/2013)

Adestrador: Antonio González Varela

Delegado: Jorge Martínez Varela

COLEXIADO: D. Víctor García Villaverde. Sen incidencias.

GOLES: Jesús (3) e Yago para ó Ánimas. Iván (5), Martín e Antonio por parte do Numancia.

CRÓNICA:

Visitaba o Numancia infantil as instalacións de A Gándara para xogar ante un rival de nivel parello, situado na zona media - baixa da clasificación, a SCDR Ánimas. Os numantinos querían volver a senda das vitorias e mellorar as malas sensacións dos últimos partidos.

Os primeiros 25 minutos foron un auténtico desastre para o equipo de Ares. Os rapaces numantinos saían desconcentrados e durmidos ó partido. Esa circunstancia foi aproveitada polo equipo local para anotar 4 goles en menos de 25 minutos. Jesús en 3 ocasións e Yago serían os xogadores do Ánimas que aproveitaban os agasallos e a pouca intensidade defensiva numantina para golear a Fran Romaus. Entremedias, no minuto 8 Martín conseguía un gol para o Numancia cunha fermosa volea precedida por unha falta ben centrada por Fran Anido. Estabamos no minuto 25 e o resultado era de 4 - 1 favorable os de Ferrol. Nos últimos 15 minutos da primeira metade espabilou o Numancia. Dani enviaba un bo pase á espalda da defensa local que era aproveitado por Iván para facer o primeiro da sua conta no minuto 30 establecendo o 4 - 2 no marcador. Poido igualar o partido o Numancia antes do descanso pero a boa actuación do gardameta local Adrián e a falta de acerto cara a portería contraria impedíronno.

Na segunda metade os rapaces do Numancia saían decicidos a darlle a volta a ese resultado raro de 4 - 2 que figuraba no marcador. ¡¡¡¡Vaia se o fixeron¡¡¡ Os nenos correxiron os erros da primeira metade, sacaron o espíritu numantino e conseguiron 5 goles na segunda metade. No minuto 47 pase de Martín a Iván para que éste anote o 4 - 3. No minuto 58, Iván engancha unha volea dentro da área local que remata dentro da portería do Ánimas establecendo o 4 - 4. Non era suficiente para uns nenos do Numancia enrabietados pola mala primeira metade. Chegaría o 4 - 5 obra tamén de Iván no minuto 67 neste caso de penalti. No minuto 70 boa xogada individual de Alex Feal que termina asistindo a Iván para que este faga o 4 - 6 e anote o quinto gol da sua conta particular. Para pechar este festival de goles, Antonio cun bo disparo dende fora da área sorprendía o porteiro local establecendo así o definitivo 4 - 7 no marcador final das instalacións de A Gándara.Instante do partido Ánimas - Numancia (A Gándara 15/11/2013)

En resumo,o Numancia infantil é un equipo que cambia fácilmente de coor. Pode ter unha páxara como a de hoxe nos primeiros minutos de partido, onde faltou actitude, concentración e intensidade. Pero tamén pode ter grandes momentos como os da segunda metade do partido de hoxe; onde amosou ambición, calidade e goles.

En definitiva, esperemos que a frescura, atrevemento e calidade dos xogadores mais novos sexa pouco a pouco acompañada pola seguridade, forza e intensidade dos xogadores mais veteráns do equipo. Sería unha boa mestura para afrontar o que resta de temporada. Soñar é gratis.

O vindeiro sábado a partires das 11:00 o Numancia infantil xogará a penúltima xornada de Copa en Prados Vellos ante o CD San Sadurniño. Nova ocasión para seguir aprendendo e acumulando minutos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.