INFANTÍS. NARON, 7 - NUMANCIA, 1.

UN CICLÓN CHAMADO NARÓN

Partido correspondente a 9ª xornada da Copa Delegación de Ferrol disputado na mañá do venres festivo no campo de fútbol de O Cadaval en Piñeiros - Narón.

 



Narón 1 de novembro do 2013

FICHA TÉCNICA:

NARÓN BALOMPIE: Roberto (Ignacio), Luís, Brais, Germán (José Pico), Sergio, Rodrigo, Diego (C), David (Serafín), Raúl (Matheus), Pablo e Bruno.

Adestrador: Miguel Pena Souto.

Delegado: José L. Patiño Galban.

NUMANCIA DE ARES: Álvaro, Jaime, Fran Anido (C), Javi (Alex F.), Marcos (Raúl), Dani, Pablo Vascós, Adri (Mario García), Antonio, Martín e Diego (Iván).

Adestrador: Antonio González Varela.

2º Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Luís Feal Campos.

COLEXIADO: D. Marcos Padín Pita. Boa arbitraxe; sen incidencias.

GOLES: Diego (2), David (2), Brais, Raúl, e Pablo no Narón e Raúl no Numancia.

 



CRÓNICA

Un Numancia infantil con algunhas ausencias visitaba a un dos equipos da parte alta da clasificación, o Narón. Os locais amosaron nunha chuviosa mañá do venres ser un bo equipo de segundo ano, dos que mellor trata o balón da categoría ante un Numancia gris como ó ceo deste día festivo.

Nos primeiros 20 minutos de partido un auténtico ciclón pasou por enriba dos de Ares. O Narón chegaba unha e outra vez con perigo sobre a portería de Álvaro, monopolizando por completo a posesión do esférico. Por sorte para os numantinos soamente chegaba un gol no minuto 6 que supoñía o 1 - 0 para os de Narón. No último tramo da primeira metade o Numancia espertou e pouco a pouco foi sacudíndose o dominio local, conseguindo avanzar metros e visitar algunha que outra vez a portería do Narón. Pero cando mellor estaban os numantinos chegou un balón á espalda da defensa numantina que suporía o 2 - 0 co que se chegaba ó descanso.

Na segunda metade parecían equilibrarse as forzas, pese a que chegaba no minuto 48 o 3 - 0 para os de Piñeiros. Contrarrestaba Raúl Anido cun auténtico golazo dende 30 metros que establecía o 3 - 1 no minuto 54. Foi un espellismo xa que de seguido chegaba o 4 - 1 para os azuis no minuto 57. No tramo final do partido baixada de brazos dos de Ares e boas accións de calidade dos de Narón para pechar o encontro co resultado de Narón 7 - Numancia 1; esta vez nada abultado para o visto sobre o terreo de xogo. Os de Narón demostraron ser un gran equipo feito á medida, con calidade, rápidez e boa condición física; ante o que nada poideron facer os numantinos con veteráns de guerra de capa caída e con xogadores de primeiro ano superados polos acontecementos.

Na parte positiva salientar o début oficial en categoría infantil do xogador alevín do Numancia, Mario García que amosou un gran nivel e desparpaxo como xa fixera nos partidos de pretemporada. ¡¡¡¡Noraboa e grazas por axudar Mario¡¡¡

Quedan agora para os infantís do Numancia catro partidos nesta fase previa da Copa, onde os numantinos loitarán ou ben por estar na liga dos mellores equipos ou xogar o Torneo Delegación de Ferrol cos "outros" clasificados en posicións mais baixas. Ensanche, Ánimas, San Sadurniño e a EF do Galicia de Caranza serán os próximos rivais dos numantinos.

A seguinte cita, o sábado as 11:00 en Prados Vellos ante o Ensanche de Ferrol; onde o equipo infantil co apoio da aficción numantina intentará volver a boa senda das vitorias. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.