INFANTÍS. NUMANCIA, 1 - EUME DEPORTIVO, 7.

MESTURA DE SENSACIÓNS

Partido correspondente a 8ª xornada da Copa Infantil de Ferrolterra disputado na mañá do sábado en Prados Vellos.

 



Ares, 26 de outubro do 2013

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Álvaro (Fran Romaus), Antonio, Fran Anido (C), Raúl, Marcos (Adri), Dani, Pablo Vascós, Cristian (Diego), Saúl, Martín (Josema) e Alex Feal (Manu).

Adestrador: Antonio González Varela.

2º adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Luís Feal Campos.

EUME DEPORTIVO: Alejandro (Juan Martín), Fran, Miguel, Pablo Montero, Pablo Vázquez (Juan Martínez), Hugo (Pablo Moraes), Raúl, Iago Leira (C), Ángel, Jesús (Adrián) e Mateo (Iago Rodríguez).

Adestrador: Juan J. Fuentes Tenrreiro.

2º adestrador: Ignacio Freire Bijía.

Delegado: Jesús A. Leira Pena.

COLEXIADO: Alejandro Miño Pico. Amonestou a Diego por parte do Numancia.

GOLES: Diego no Numancia, e no Eume Iago Leira, Ángel, Mateo, Pablo Vázquez, Iago Rodríguez (2) e Raúl.

 



CRÓNICA:

Recibía ó Numancia a un equipo que tiña todos os seus partidos por vitorias, o Eume Deportivo. Rival compricado e partido esixente para os numantinos, que durante 60 minutos tutearon ós eumeses mantendo a incertidume e a emoción no marcador.

Na primeira metade houbo moita igualdade. Ningún dos dous equipos era capaz de impoñerse o adversario. Moito centrocampismo e chegadas repartidas as duas porterías grazas a varias accións combinativas do Numancia ou ben a disparos e xogadas individuais dos eumeses. No minuto 30 o Eume adiantábase cun bo gol de falta directa. No minuto 38 logo dunha gran acción ofensiva o Numancia tiña ó empate pero o balón marchábase fora por moi pouco. Acto seguido no 39 xusto antes de chegar ó descanso os eumeses aproveitaban un contraataque para conseguir o 0 - 2, resultado co que se chegaba o tempo do descanso. Cousas do fútbol, efectividade e vitoria para o Eume.

Na segunda metade os numantinos saíron decididos a buscar o empate, pero no minuto 43 chegaba o 0 - 3 do Eume tras o lanzamento dun córner. A cousa volvíase compricada para o Numancia, pero a casta dos rapaces e a entrega de todos eles era premiada nunha boa xogada na que Saúl daba un magnífico pase para que Diego rematara ó fondo da portería eumesa; levando o 1 - 3 e a emoción de novo ó partido no minuto 54 de xogo. Foi un atisbo de esperanza xa que os eumeses souberon manter a súa renta cun maior físico, intensidade e oficio. Os numantinos non foron capaces de manter a boa actitude ofensiva e se desconectaron un pouco do partido, chegando a encaixar catro novos goles que deixaban o marcador no definitivo 1 - 7; algo abultado para ós meritos duns e de outros; pero xusto xa que a xustiza no fútbol a marcan os goles.

En resumo, bos primeiros 60 minutos de partido dos numantinos que tutearon a un dos favoritos ó título de Copa. Unha pena o baixón dos últimos 20 minutos; aínda que debemos de quedarnos coa sensación de que estos rapaces moi novos medran co paso das xornadas e co paso do tempo a bon seguro nos darán alegrías ou ben competirán sen complexos ante grandes equipos. Traballo, paciencia e o tempo dirá. Hoxe gran participación dos 16 convocados no partido en forma de minutos como é habitual ante un equipo moito mais competitivo nese aspeto. Cuestión de principios.

A vindeira fin de semana o Numancia xogará ante un dos bos equipos da competición, o Narón Balompé Piñeiros no campo de O Cadaval. ¡¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.