INFANTÍS. G. MUGARDOS, 3 - NUMANCIA, 3.

ATA O RABO, TODO É TOURO

Partido correspondente a 6ª xornada da Copa Delegación de Ferrol, grupo 2 disputado no campo de herba artificial de A Pedreira en Mugardos ante numerosos espectadores de ambos equipos.


Mugardos 19 de outubro do 2013

ALIÑACIONS

G. MUGARDOS: Diego, Adrián, Alba, Raúl, Jonathan, Daniel, Mauro, Brais, Miguel (C), Borja e Álvaro.

Adestrador: Antonio Martínez Fernández

Delegado: Alexandre Pérez Fernández.

NUMANCIA: Álvaro (Fran Romaus), Antonio (Jaime), Fran Anido (C), Javi (Marcos), Pablo Vascós, Raúl,  Dani, Martín, Diego (Iván) e Alex Feal (Manu).

Adestrador: Antonio González Varela.

2º Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Luís Feal Campos.

COLEXIADO: D. Tomás Lorenzo Castro. Amonestou a Fran Anido por parte do Numancia.

GOLES:

1 – 0: min. 9, falta de entendemento entre a defensa e o porteiro numantino, aproveitada por Brais para batir a Álvaro.

2 – 0: min. 48, falta directa anotada por Miguel

2 – 1: min. 65, centro de Dani dende a dereita que remata Saúl dentro da área visitante.

2 – 2: min. 67, lanzamento de Fran Anido dende media distancia que sorprende o porteiro local.

2 – 3: min. 69,  Dani remata un centro enviado por Fran Anido.

3 – 3: min. 85, córner que remata Iván dende o punto de penalti.

 

 



CRÓNICA

Houbo que esperar uns 20 minutos sobre a hora prevista para ver un bonito partido que nos ofreceron os equipos infantís do Galicia de Mugardos e do Numancia de Ares. Na primeira metade o Numancia foi superior en canto a xogo, posesión e ocasións. Pero esas ocasións non se traducían en goles, unhas veces pola falta de acerto dos atacantes numantinos e outras pola gran actuación do porteiro local. En cambio o Galicia de Mugardos si que soubo aproveitar unha das súas chegadas para anotar o 1 - 0. Incluso os numantinos fallaban un penalti pouco antes do descanso. Fran Anido lanzaba alto; para colmo da mala sorte ou do desacerto cara a gol dos numantinos nesta primeira metade que remataba co resultado de 1 - 0 pese ó visto no campo.

Na segunda metade o Numancia volvía ir a polo partido, pero novamente atopuose cun gol dos locais nun lanzamento de falta que colocaba o 2 - 0 no tanteador. Acusaron o mazazo os rapaces; pero logo dun cambio de sistema e dus gritos de ánimo volveron pola boa línea de todo o partido e comezaron a xenerar numerosas ocasións que volvían a encontrarse co desacerto ou co excelente gardameta local. Había quen dicía que os nenos non marcaban neste partido nin estando todo o día xogando. Pero apareceu o orgullo numantino. Os rapaces mais novos do Numancia infantil sacaron a casta e calaron bocas, anotando tres goles en 5 minutos. Todo o que non entrara en todo o partido, acadou o premio de gol dende o minuto 65 ata o 70 por obra e graza de Saúl, Fran  Anido e Dani que facían que os numantinos por fin viran porta neste partido e colocaban o 2 - 3 no marcador. Bonita remontada.

Pero nesto do fútbol o partido non acaba ata que pita o árbitro. Nos últimos 10 minutos o Mugardos buscou o empate. Co paso dos minutos foi encerrando ós de Ares na súa área; nunha sucecións de faltas ofensivas e saques de esquina. O partido facíase eterno para o Numancia e mais cando o colexiado decidía aumentar 5 minutos sobre os 80 regulamentarios.  Cando o Numancia estaba mais pendiente do pitido do árbitro que do propio partido; chegou un fatídico córner que remataba un xogador local libre de marca no punto de penalti no minuto 5 do desconto; establecendo o definitivo 3 - 3 no marcador deste partido.

En resumo, gran partido do Numancia infantil na mañá do sábado en  A Pedreira. Paso adiante dos moitos rapaces de primeiro ano que forman o equipo e que disputaron o seu primeiro derbi oficial en fútbol 11 dando unha gran resposta no campo. Bo xogo, moitas ocasións creadas e demostración de casta e orgullo remontando un resultado adverso de 2 - 0 en cinco minutos. No debe do equipo anotar os fallos defensivos e de concentración que foron a causa dos goles mugardeses. En partidos tan igualados a falta de acerto na definición e a falta de concentración defensiva págase caro. Pouco a pouco este equipo aprenderá a competir. Son moi novos...a maioría.

Na vindeira fin de semana o Numancia recibe en Prados Vellos a un dos líderes do grupo 2 da Copa Delegación de Ferrol. Un partido esixente e difícil para os nosos rapaces que a ben seguro intentarán poñer as cousas moi difíciles ós eumeses en Prados Vellos.

Toca seguir aprendendo e disfrutando.

Fotos cortesía de Javi Varela.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.