Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. NUMANCIA, 2 - PORTUARIOS "B", 3.
 
 

INFANTÍS. NUMANCIA, 2 - PORTUARIOS "B", 3.

LOCURA COLECTIVA

Partido correspondente a 4ª xornada da Copa Delegación de Ferrol disputado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.


Ares 28 de setembro de 2013

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Fran Romaus, Jaime (Raúl), Fran Anido (C), Javi (Cristian), Marcos (Manu), Dani, Antonio, Martín, Saúl, Iván (Álvaro), Alex Feal.

Adestrador: Toni González.

Axudante: Jorge Martínez.

Delegado : Luís Feal.

PORTUARIOS "B": Alex, Raúl, Gabri, Marco, Javi, Antonio (Martín), Andrés, Álvaro (Adrián), Brais (C), Antón (Manuel) e Juan.

Delegado: Cesar González.

ÁRBITRO: Raúl Acebo Bustabad. Amoestou a Fran Anido e Cristian polo Numancia e a Brais polo Portuarios "B". Expulsou o adestrador do Numancia, Toni González.

GOLES:

1-0 Iván. Balón solto na área visitante que caza Iván para anotar o primeiro do Numancia. (minuto 16).

2-0 Saúl. Falta lanzada maxistralmente por Saúl fora do alcance do porteiro visitante. (minuto 19).

2-1 Antón aproveitou un balón dividido na área (minuto 51).

2-2 Falta lateral sacada polo Portuarios que termina cun bo disparo dende a frontal da área do visitante Mario. (minuto 58).

2-3 Balón á espalda da adiantada defensa numantina que aproveita Juan para batir a Romaus na súa saída.

RESUMEN:

Boa primeira parte do Numancia que co paso dos minutos fíxose co control do balón e co dominio do xogo. Esa superioridade tivo premio. Dous goles antes do descanso. Poideron ser mais pero os dianteiros aresáns non tiñan o día. Polo tanto con 2 - 0 retirábanse os equipos ó descanso.

Na segunda metade cambiou a historia. Dende o primeiro minuto os visitantes creían na remontada. Dous goles casi seguidos dos de Ferrol Vello levaban o nerviosismo a parroquia numantina. Ese nerviosismo convertiuse en frustración e locura. Unha fustración, unha presión externa e unha locura colectiva que puxo nerviosos en exceso dos RAPACES do Numancia. Os xogadores numantinos estaban bloqueados, e nos últimos minutos terían un castigo excesivo co 2 - 3 conseguido polo Portuarios.

Así foi a historia deste partido de fútbol infantil na primeira metade e de Champions da Base na segunda parte. Foi unha pena, porque o bo traballo dos rapaces no primeiro tempo, tirouse completamente por terra no segundo. Partido no que por certo debutou un novo xogador no Numancia; Álvaro Allegue. Un novo deportista o que damos a benvida a famila do Numancia de Ares.

Toca reflexionar e atopar entre os rapaces e os maiores as causas deste baixón e nerviosismo nesta segunda metade. ¿Acaso xogámonos ó descenso? Calma, deporte e diversión. Fútbol base....

Próxima parada, o vindeiro fin de semana en Meirás. ¡¡¡ÁNIMO RAPACES¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.