Inicio Noticias Infantís INFANTIS. NUMANCIA, 1 - G. CARANZA "B", 8.
 
 

INFANTIS. NUMANCIA, 1 - G. CARANZA "B", 8.

Numancia de Ares ADR. Infantis 2013-2014. Numancia 1 - G. Caranza B 8. Prados Vellos 18/09/13.DURO COMEZO ANTE UN DOS GALIÑOS

Partido correspondente a 2ª xornada da Copa Delegación de Ferrol disputado na tarde do mércores en Prados Vellos e que se saldou con vitoria do Caranza B por 1 – 8. O descanso o marcador reflexaba 1 – 4 a favor dos visitantes.

 

 

Ares 18 de setembro de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Romaus, Jaime, Dani, Javi, Marcos (Antonio 41´), Raúl, Diego (Cristian), Pablo Vascós (Manu), Saúl, Martín e Alex Feal. (Iván).

Adestrador: Antonio González.

Delegado: Jorge Martínez.

G. CARANZA "B": Ángel, Bruno, Miguel, Mateo, Balado, Jesús, Diego, Alex, Eric, Aarón e Iván. Tamén xogaron: Álvaro, Csaba. Víctor, Marcos e Roberto.

Adestrador: Pedro Garrote.

Delegado. Álvaro Dopico.

COLEXIADO: Daniel Perez Ferro. Sen incidencias.

GOLES: Martín polo Numancia; Eric (3), Iván (2), Bruno, Álvaro e Aarón no Galicia de Caranza "B".

Comezou o Numancia infantil a sua andadura na competición oficial da temporada 2013-2014. Logo de descansar na 1ª xornada, recibía na 2ª xornada de Copa ao potente equipo do Galicia de Caranza "B"; filial do equipo da Liga Galega.Numancia-G. Caranza "B" (18/09/13)

Nos primeiros 20 minutos os numantinos foron capaces de aguantar ante o dominio visitante; cun bo traballo defensivo conseguían que os ferroláns non crearan demasiado perigo. No minuto 22 un balón dividido mal disputado pola defensa numantina era aproveitado por un xogador do Caranza para conseguir o 0 - 1. Nada mais sacar de centro Alex Feal asistía a Martín que conseguía o 1 - 1 para empatar o encontro. Dous minutos mais tarde, no 26 era o Galicia o que se adiantaba aproveitando un fallo en cadea do Numancia. Esos 5 minutos cheos de emoción e goles pasaron factura ó Numancia que se ausentou do partido no último tramo da primeira metade. Iso ante un equipo coa calidade do Galicia de Caranza "B" págase moi caro xa que estos o aproveitaron para conseguir dous goles que deixaban un resultado o descanso de 1 - 4.

Na segunda metade o Numancia comezou coa ilusión de meterse rápidamente, pero dous tempraneiros goles dos visitantes acabaron con todas as esperanzas de mellora. Xa nos últimos minutos os de Caranza deixaban o resultado no duro e definitivo 1 - 8.

En resumo, un partido moi duro para comezar a competición ante un rival que cando menos dentro campo demostrou ser dos mellores da categoría con calidade, frescura e moi bo xogo. Poder elexir entre mais de 100 xogadores é o que ten.

Isto non para, e xa este venres ás 18:30 ós numantinos visitan o Municipal de Gallamonde en Miño para afrontar a 3ª xornada de Copa ante o equipo anfitrión que lidera momentaneamente a competición. De seguro que os numantinos darán batalla e irán mellorando co paso das xornadas; non esquezamos que é un equipo moi novo con moitos xogadores procedentes dos alevíns. ¡¡¡Ánimo rapaces¡¡¡

¡¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡¡

Numancia-G. Caranza "B" (18/09/13)Numancia-G. Caranza "B" (18/09/13)

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.