INFANTIS. Pretemporada PERLIO, 6 - NUMANCIA, 0.
UNHA MALA TARDE EN FENE
Partido de adestramento disputado na tarde do venres no campo municipal de Os Pinares en Perlío.
Perlío 6 de setembro de 2013.
NUMANCIA: Iván, Antonio, Javi, Raúl, Marcos, Pablo Vascós, Anido, Saúl, Cristian, Martín e Alex Feal. Tamén xogaron: Manu e Mario.
Adestrador: Antonio Gonzaléz "Toni".
Delegado: Jorge Martínez.
Presentouse o Numancia infantil con 13 xogadores, un deles alevín e un xogador de porteiro para realizar un partido de adestramento co Perlío. Nos primeiros minutos do mesmo parecía que o Numancia quería o balón e mesmo tivo boas chegadas e ocasións de gol na portería fenesa. Pero no minuto 20 a raíz do primeiro gol dos de Fene o Numancia perdeu o sitio no campo, volveuse impreciso e impotente ante a forza defensiva e a velocidade defensiva dos locais; que aproveitaban os balóns a espalda da defensa numantina para levar perigo e conseguir os seus goles.
Na segunda metade repetíase a historia, saian os numantinos con ganas e dominando nos primeiros 10 minutos; pero novamente os goles dos locais facían que os de Ares baixaran os brazos e non ofreceran todo o que levan dentro neste partido de adestramento.
En resumo, un severo correctivo en pretemporada por parte do Perlío. A semana pasada podíamos ver a mellor cara do Numancia infantil cando goleaba o Galicia de Mugardos no Trofeo Concello de Ares. Este venres tocou a outra cara; circunstancias aparte toca erguerse a tempo e volver a boa senda de traballo. Nin antes eran tan bos; nin agora son tan malos. Simplemente son... rapaces vestidos de futbolistas en plena etapa de aprendizaxe técnica, táctica e psicolóxica.
Na vindeira semana o Numancia infantil traballará duro o luns, martes e xoves de 18:20 a 20:00 en Prados Vellos co gallo de seguir mellorando e de preparar o primeiro partido de Copa que se disputará o martes 17, ou mércores 18 en Prados Vellos ante o Galicia de Caranza "B"; correspondente a 2ª xornada da Copa Delegación de Ferrol (na 1ª xornada o Numancia descansa¡¡¡. Toca polo tanto, seguir traballando xa que moi pronto comeza o serio.
¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡