INFANTIS: Pretemporada NUMANCIA, 2 - PORTUARIOS "B", 1.
PRIMEIRAS RECOMPENSAS
Partido amigable disputado na tarde do xoves en Prados Vellos ante un bo número de espectadores.
Ares, 22 de agosto de 2013.
ALIÑACIÓNS
NUMANCIA: Romaus, Jaime, Dani, Javi, Josema, Pablo Vascós, Anido, Antonio, Diego, Cristian, Iván. Tamén xogaron: Manu, Raúl, Marcos, Saúl, Mario, Mateo e Alex Feal.
Adestrador: Antonio González Varela.
Delegado: Jorge Martínez Varela.
PORTUARIOS "B": Raúl, Antonio, Izan, Álvaro, Marco, Gabriel, Isma, Dan, Martín, Manu, Brais. Tamén xogaron: Adrián, Javi, Andrés e Jesús.
Adestrador: César González Varela
ÁRBITRO: Cristian Vilda Bouza. Sen incidencias no seu debut en fútbol - 11.
GOLES:
1 - 0 Mario. Saque de porta do Portuarios, roubo de balón na presión de Alex Feal que pasa a Mario para que este fusile o porteiro rival con sutileza (minuto 28).
2 - 0 Diego. Balón en longo de Mateo pola banda esquerda recollido por Saúl que dispara forte. O balón rexeita nun defensa e Diego moi atento finaliza a xogada para anotar o segundo gol numantino (minuto 49).
2 - 1 Brais. Gran disparo do xogador visitante Brais dende lonxe que entra preto da escuadra da portería de Romaus.
Segundo partido de pretemporada para o Numancia infantil 2013-2014. O equipo rival foi o Portuarios "B" de Ferrol Vello equipo maioritariamente de primeiro ano e que compartirá grupo copeiro co Numancia.
Nesta ocasión os numantinos trocaban un rival moi físico como fora o Maniños cadete por un mais técnico como o Portuarios "B" infantil. O equipo numantino probou a 18 xogadores dando moitos minutos a todos eles, co gallo de seguir facendo probaturas e acumulando minutos de cara a temporada oficial.
A primeira metade foi bastante descontrolada por ambos bandos. Co paso dos minutos os visitantes estaban mais cómodos no campo, embotellando por momentos os aresáns que se defendían como podían salvando a súa portería. Cando peor estaba o Numancia aparecían Alex Feal e Mario para fabricar o gol numantino que valía para retirarse ó descanso co resultado favorable de 1 - 0.
Os primeiros 20 minutos da segunda metade foron os mellores do Numancia nesta pretemporada. O equipo numantino atopou o sitio no campo e foi capaz de fabricar bo fútbol e chegar con certa claridade a portería ferrolana. Como premio a ese bo fútbol chegaba o 2 - 0 materializado por Diego logo dunha boa xogada por parte dos locais.
Nos últimos 20 minutos de encontro o Portuarios intentou e conseguiu acurtar distancias. O golazo de Brais colocaba o 2 - 1 e levaba a emoción a Prados Vellos. Nos últimos intres do encontro apretaron os de Ferrol Vello pero os numantinos defendéronse con orde e sorte e mesmo poideron anotar algún gol mais se estiveran mais finos na finalizacion das xogadas de contraataque.
En resumo, moi bo partido para os dous equipos de cara a preparación da temporada oficial.
A vindeira semana o Numancia infantil adestrará en Prados Vellos o luns, martes e xoves de 18:20 a 20:00 de cara a preparación do Trofeo Villa de Ares que terá lugar o próximo venres 30 de agosto ante os nosos veciños do Galicia de Mugardos en Prados Vellos.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡