INFANTIS: Pretemporada NUMANCIA, 0 - MANIÑOS, 6.
A DIFERENCIA DE IDADE FOI DETERMINANTE
Partido amigable disputado na tardiña do venres en Prados Vellos ante un bo número de espectadores.
Ares 16 de agosto de 2013.
ALIÑACIÓNS
NUMANCIA: Romaus, Manu, Dani, Raúl, Marcos, Vascós, Fran Anido, Mario, Martín, Alex Feal. Tamén xogaron: Rubén, Jaime, Javi, Josema, Antonio, Diego e Cristian.
C. MANIÑOS: Samuel, Ramón, Borja, Alex, Agustín, Dani, Barreiro, Santi, David, Daniel, Alberto, Mario e Jael.
ARBITRO: Diego Bouza Pena. Sen incidencias no seu debut en fútbol - 11.
Primeiro partido de pretemporada para o Numancia infantil 2013-2014. O equipo rival foi o Cultural Maniños que xogou cos seus xogadores cadetes de primeiro ano ó non poder contar con xogadores infantís nesta fin de semana.
Nos primeiros 20 minutos, houbo moita igualdade e moito centrocampismo. Nos últimos 20 minutos da primeira metade o conxunto visitante impuxo o seu poderío físico e a sua maior velocidade para anotar tres goles e irse ó descanso cun 0 - 3 o seu favor.
Na segunda metade, arrincaron forte ós numantinos que lle perderon ó respeto o seu rival de superior idade e tiveron un par de ocasións claras de gol. Co paso dos minutos o cansancio fixo mella nos xogadores locais; circunstancia aproveitada polos cadetes do Maniños para anotar outros tres goles e deixar o anéctodico resultado do partido en 0 - 6 favorable ós feneses; como era lóxigo dado a idade dos participantes no encontro.
En resumo, boa primeira pedra de toque para os infantís do Numancia que fixeron un bo traballo físico e unha formidale labor defensiva ante un equipo de superior categoría. O ritmo, a velocidade, a forza... non é a mesma en infantís que en cadetes e iso notouse. Mais aínda cando para moitos dos xogadores numantinos era o seu primeiro partido de fútbol - 11; incluídos para os xogadores alevíns do Numancia, Mario e o porteiro Rubén que tiveron unha magnífica actuación cos infantís.
Queremos aproveitar tamén esta crónica para dar a benvida a Cristian Martínez, un novo xogador do Numancia infantil procedente do Cultural Maniños alevín. Esperemos que esta sexa a súa casa por moitos anos.
A vindeira semana o Numancia infantil adestrará o luns e o martes de 18:20 a 20:00. Para ó xoves 24 está marcado o segundo partido amigable da pretemporada ante a S.D.R. Portuarios "B" as 18:30 en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡