Inicio Noticias Infantís INFANTIS: COMEZOU O RETO
 
 

INFANTIS: COMEZOU O RETO

Numancia de Ares ADR. Presentación do equipo infantíl. Prados Vellos 12/08/13.Na tarde do luns 12 de agosto o Numancia infantil 2013-2014 tivo a sua presentación e o seu primeiro adestramento. Un equipo infantil do Numancia que estará formado nesta nova etapa polos seguintes xogadores:

 

 

Xogadores de 2º ano: Enol, Raúl, Marcos, Fran Anido, Alex, Antonio, Javi, Diego Vilar, Adrián e Gabri.

Xogadores de 1º ano: Fran Romaus, Jaime, Dani, Pablo Vascós, Saúl, Iván, Martín, Manu e Josema.

Tamén están facendo a pretemporada os xogadores alevíns: Rubén, Mario, Naím e Mateo.

Todos estos xogadores estarán dirixidos polo veterán adestrador Toni González que contará coa axuda de Jorge Martínez para este novo reto deportivo. O delegado do equipo será Luís Feal.

Os adestramentos do equipo infantil nesta pretemporada serán os luns, martes e xoves de 18:20 a 20:00. Esta semana adestrarán o mércores en detrimento do xoves festivo.

O primeiro partido amigable enfrontará o Numancia infantil ante os vecinos do Maniños o venres 16 de agosto ás 19:30 en Prados Vellos; xustamente despois deste mesmo partido en categoría xuvenil.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.