PRESENTACIÓN DOS INFANTÍS

O NUMANCIA INFANTIL COMEZA OS SEUS ADESTRAMENTOS

Para o luns, 12 de agosto está prevista a presentación e primeiro adestramento dos rapaces de categoría infantil. Ás 18.30 h. saltarán ao céspede os xogadores do Numancia infantil, dirixidos unha temporada máis por Toni González …
Ares, 8 de agosto de 2013
... quen terá un auténtico reto: o de construír un equipo novo ao que se incorporan nove rapaces procedentes de alevíns: Fran Romaus, Jaime, José María, Pablo Vascós, Dani, Saúl, Iván, Manuel e Martín. Xunto a eles estarán Adrián, Javier Lemos,  Marcos, Antonio,  Fran e Raúl Anido, Gabri, Pablo Enol, Diego Vilar e Álex Feal. 
Adestrarán tres días á semana: luns, martes  e xoves de 18.30 a 20.00 h. E o primeiro partido de adestramento está fixado para o venres, 16 de agosto ás 19.30 h. en Prados Vellos tendo coma rival o Maniños.
Unha semana máis tarde, o 19 de agosto será a presentación dos cadetes.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.