Inicio Noticias Infantís INFANTIS: TORNEO A.F.A.F.E.
 
 

INFANTIS: TORNEO A.F.A.F.E.

O pasado sábado 25 de maio tivo lugar nos campos da Gándara o Torneo Infantil A.F.A.F.E. Participaron 16 equipos repartidos nos seguintes 4 grupos, e dos que se clasificaban os dous primeiros de cada grupo para xogar os cuartos de final. Disputábase no formato de fútbol-8, con 25 minutos de tempo por partido.


Grupo I : R. San Pedro, Portuarios "B", Portuarios "C" e Numancia de Ares.
Grupo II : R. Ferrol "A", Animas, Narón e San Sadurniño
Grupo III : R. San Pedro "B", G. Caranza, Amistade Meirás e Ortigueira.
Grupo IV : R. Ferrol "B", Portuarios, Meirás e Cedeira.

Os xogadores convocados no Numancia foron os seguintes: Fernando, Enol, Adri, Javi, Marcos, Raúl, Anido, Adri, Luís, Alexis, Pablo Ferro, Fran, Alex e Adrián.

FASE DE CLASIFICACIÓN

1º partido: PORTUARIOS "C", 1 – NUMANCIA, 1

GOLES:

0 – 1: Luís (min. 10) – Golazo de Luís de falta directa dende a frontal da área.

1 – 1: Portuarios C (min. 24) – Indecisión entre os defensas aresáns que aproveita o dianteiro do Portuarios C para bater a Fernando por abaixo.

COMENTARIO: Partido dominado polos aresáns durante todo o encontro. Xa no saque inicial, Luís cun gran disparo manda o balón ao travesaño, e con suspense, non soubemos si chegou a traspasar a liña de gol. No minuto 10, Luís marca un golazo de falta directa. No min. 15, Adri cun gran disparo manda outra vez, o balón ao longueiro. En fin, tivemos moitas ocasión de gol que non puidemos materializar. O Portuarios C defendíase con certo orde pero non chegaba con perigo a meta defendida por Fernando. Pero nunha xogada de mala sorte, conseguen o empate no último minuto do encontro.

2º partido : PORTUARIOS "B", 2 – NUMANCIA, 4

GOLES:

0 – 1: Luís (min. 4) – Contragolpe de Pablo quen dispara, rexeite do porteiro e moi atento Luís marca a pracer.

0 – 2: Adri (min. 7) – Tiro lonxano de Adri dende fora da área que sorprende ao porteiro do Portuarios B. O balón entra tocando os dous paus.

1 – 2: Portuarios B (min. 14) – Boa xogada combinativa que culmina o dianteiro local.

1 – 3: Diego (min. 16) – Gran bolea de Diego que entra pola escuadra esquerda da portería.

1 – 4: Pablo Ferro (min. 19) – Contragolpe dos aresáns que define Pablo dentro da área pequena.

2 – 4: Portuarios B (min. 23) – Fallo defensivo dos aresáns que aproveitan os locais.

COMENTARIO: Gran partido, sen dúbida o mellor partido ofensivo dos aresáns. Dende o comezo, o Numancia foi moi superior ao seu rival, xogando con moita intensidade e creando moito perigo con rápidos contragolpes. O Portuarios B defendíase ante o bo xogo dos aresáns e marcou dous goles en sendos fallos defensivos.

3º partido: R. SAN PEDRO, 1 – NUMANCIA, 1

GOLES:

0 – 1: Pablo Ferro (min. 5) – Xogada persoal de Pablo que marca cun floxo disparo sobre a cepa do pau.

1 – 1: R. San Pedro (min. 10) – Remate de cabeza nun córner do equipo local.

COMENTARIO: Cómodo partido do Numancia que empezou marcando aos 5 min. do encontro. Os aresáns tiveron o control do partido e so nun despiste defensivo, o R. San Pedro empatou aos 10 min. Os últimos 15 min. os aresáns seguían igual e non pasaron por moitos apuros, terminando o encontro cun empate. Grazas a este punto o Numancia pasaba a cuartos de final coma segundo de grupo con 5 puntos, por detrás do Portuarios B, quen foi primeiro con 6 puntos.
Os cruces para os cuartos de final e resultados son os seguintes:

Portuarios B, 4 – Narón, 1
Numancia de Ares, 2 – Animas, 0
Ortigueira, 2 – Cedeira, 0
Portuarios, 1 – Galicia Caranza, 0

Cuartos de final: ANIMAS, 0 – NUMANCIA, 2

GOLES:

0 – 1: Diego (min. 10) – Centro de Pablo por banda esquerda e remate a gol de Diego dende o punto de penalti.

0 – 2: Alexis (min. 14) – Córner botado por Luís dende banda dereita e gran remate de cabeza de Alexis dentro da área pequena.

COMENTARIO: No cruce de cuartos, o noso rival foi o Animas (primeiro clasificado do Grupo II). Sen dúbida, o mellor partido do torneo dos aresáns, tanto a nivel defensivo como ofensivo. O Numancia foi superior ao seu rival e aproveitou as poucas ocasións de gol que tiveron os dous equipos. O Animas so creaba certo perigo con fortes e lonxanos disparos que na súa maioría repelía a nosa defensa. Con este resultado conseguiamos chegar a semifinal do torneo.

Os cruces para as semifinais e resultados son os seguintes :

Numancia de Ares, 0 – Portuarios B, 2
Ortigueira, 1 – Portuarios, 1 – pasa á final o Ortigueira a penaltis (4-3)

Semifinal: PORTUARIOS "B", 2 – NUMANCIA, 0


GOLES:

1 – 0: Portuarios B (min. 7) – Fallo defensivo dos aresáns e o dianteiro do Portuarios marca ante a saída de Fernando.

2 – 0: Portuarios B (min. 12) – Falta directa do Portuarios que toca na barreira dos aresáns e o balón entra pegado ao pau.

COMENTARIO: Chegaba á semifinal ante Portuarios B, un equipo ao que xa nos enfrontamos na primeira fase, dentro do Grupo I. Nesta ocasión aos aresáns faltoulles a intensidade defensiva dos outros encontros, intentárono, pero o Portuarios B fixo un bo encontro e foi o xusto vencedor. Parecía que os aresáns chegaron moito mais cansados que o seu rival e non puido ser. Agora tocaba loitar polo 3º e 4º posto do torneo.

3º e 4º posto: PORTUARIOS , 3 – NUMANCIA, 1

GOLES:

1 – 0: Portuarios (min. 2) – Córner por banda dereita, no que Fernando non sae da portería e remata de cabeza un xogador do Portu dentro da área pequena.

1 – 1: Pablo Ferro (min. 7) – Boa xogada combinativa dos aresáns no que Pablo cun gran disparo bate ao porteiro rival.

2 – 1: Portuarios (min. 13) – Falta directa do Portuarios que toca na barreira e Fernando non é capaz de atallar, o disparo coase entre as súas mans.

3 – 1: Portuarios (min. 15) – Fallo defensivo dos aresáns e gol do dianteiro do Portuarios que marca a pracer sen oposición.

COMENTARIO: O Numancia saíu durmido, e así, no minuto 2 o Portuarios adiantábase no marcador nun claro erro defensivo. A raíz do gol, os aresáns xogaron con moita intensidade e conseguiron empatar o encontro cun gran zurdazo de Pablo. Pero nunha xogada de mala sorte o Portuarios marcou un segundo gol que frustaba a posible reacción do Numancia. Os rapaces intentaron conseguir o empate pero dispuxeron de poucas ocasións de gol. No minuto 15, o equipo rival marcou un terceiro e definitivo gol. Felicitar ao Portuarios que foi o xusto vencedor do encontro.

A pesar da derrota temos que dar a noraboa aos rapaces, polo gran torneo realizado nesta Copa A.F.A.F.E, finalizando nun máis que meritorio 4º posto.

Felicitar ao Ortigueira, xa que, na final foi moi superior ao Portuarios B, gañando por 3-1.

Noraboa tamén á A.F.A.F.E pola magnifica organización do torneo onde cabe destacar a gran deportividade que exhibiron todos os equipos participantes.

 

 

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.