Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. COPA A.F.A.C.O.
 
 

INFANTÍS. COPA A.F.A.C.O.

VITORIA ANTE O MUGARDOS E EMPATE ANTE O EUME

O pasado sábado 18 de maio tiña lugar en Pontedeume a eliminatoria de clasificación para a copa AFACO infantil. A devandita eliminatoria consistiu nun triangular entre G. de Mugardos, Eume e Numancia, da cal un dos tres equipos pasaría a disputar as semifinais. Finalmente o Eume sería o equipo que pasaría á seguinte fase.


A Gándara (Pontedeume), 18 de maio do 2013

Comezaba a eliminatoria co enfrontamento entre o EUME e o G. DE MUGARDOS. Os eumeses impoñeríanse neste partido os mugardeses por 4 - 0.

A continuación chegaba a quenda dos de Ares.

NUMANCIA, 2 – GALICIA DE MUGARDOS, 0.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Fernando, Enol, Adri, Javi, Marcos, Raúl, Anido, Adrián, Luís, Piñeiro (Pablo Ferro) e Alex (Fran). Tamén xogou Pablo Vascos.

GOLES:

1 – 0: Raúl (min. 9) – Córner botado por Luís dende a esquerda e gran remate de cabeza de Raúl que bate ao porteiro do Mugardos.

2 – 0: Luís (min. 11) – Gran disparo dende fora da área de Luís que entra pegado ao pau.

COMENTARIO:  Partido sen moita historia onde os aresáns foron moi superiores ao seu rival, controlando totalmente durante os 40 minutos o tempo do partido. O Mugardos tivo moi poucas ou case ningunha ocasión de gol.

EUME,  1 – NUMANCIA, 1.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Fernando, Enol, Adri, Fran, Pablo Vascos, Raúl, Alexis, Pablo, Ferro, Luís, Anido e Alex.

GOLES:

0 – 1: Pablo Ferro (min. 20) – Contragolpe dos aresáns, pase de Alexis a Alex, quen pasa a Pablo Ferro, o define cun gran disparo pegado ao pau.

1 – 1: Alejo (min. 42) – Claro fora de xogo do xogador eumés quen pegado a liña de fondo a 2 mtrs da portería aresán, marca sen oposición.

COMENTARIO: Partidazo do Numancia a pesar do inesperado final do encontro. Os aresáns tiveron o control do partido, ocasións de gol e os rapaces traballaron moitísimo e non se merecían o que lles aconteceu ao final do encontro. Co encontro xa rematado (min.42), un regalo do árbitro, un clarísimo fora de xogo, permite ao Eume igualar o partido. Incrible, ninguén daba crédito ao visto no terreo de xogo. A pesar do inxusto empate, noráboa rapaces, polo gran triangular que fixestes.

Na tanda dos penaltis o Eume gañou por 3 - 1, pasando as semifinais da copa A.F.A.C.O.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.