Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. NUMANCIA, 1 - R. FERROL, 4.
 
 

INFANTÍS. NUMANCIA, 1 - R. FERROL, 4.

BO PARTIDO DO NUMANCIA ANTE O LIDER.

Partido correspondente a décimo novena xornada da liga que finalizou coa vitoria do Racing. Ao descanso ó marcador reflexaba a vitoria do R.Ferrol por 0 - 2.

 

 

 

Prados Vellos, 26 de abril de 2013

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Fernando, Fran, Raúl, Marcos, Adri, Anido, Diego (Adrián), Enol, Alex (Javi), Luís e Pablo (C).

Adestrador: Antonio González Varela
Delegado: Javier Aneiros Martínez.

R. FERROL: Roberto Pita (Marcos Amado), Alberto (Daniel Otero), Carlos, Daniel Rey, Mario, David, Alejandro (C), Roberto Liaño, Pol, Manuel Fernández (Ciprian) e Luís (Manuel Permuy).

Delegado: Manuel Fernández Anido.

COLEXIADO: Álvaro García Santaeufemia. Sen incidencias.

GOLES:

0 – 1: Luís (min. 15) – Boa xogada combinativa por banda dereita e disparo de Luís que bate a Fernando na súa saída.

0 – 2: Alejandro (min. 30) – Xogada por banda dereita dos racinguistas, cambio de xogo á banda esquerda, balón que controla e dispara Alejandro, libre de marca, e bate a Fernando.

0 – 3: Daniel Rey (min. 50) – Pase ás costas da defensa local por banda esquerda, pase ao segundo pau e gol sen oposición do xogador visitante.

0 – 4: Alejandro (min. 51) – Contragolpe do Racing e gol de vaselina de Alejandro.

1 – 4: Pablo (min. 75) – Balón roubado pola defensa, Javi pasa a Pablo por banda esquerda, desfaise por velocidade do seu marcador e bate ao porteiro visitante por abaixo.

COMENTARIO:

Primeira metade con claro dominio visitante, onde os aresáns defendéronse con moito orde, aínda que, ofensivamente só fomos capaces de crear unha clara ocasión de gol, no minuto 38, pero Pablo, non puido bater nun man a man, ao porteiro visitante. Os racinguistas tiveron todo o control do partido. Ao descanso chegouse cun marcador de 0 - 2.

Na segunda metade o partido seguiu igual. O Numancia intentaba defenderse ante un equipo moi superior ao noso. Nos primeiros 10 minutos encaixamos outros dous goles. No último tramo do encontro, os aresáns, nunha xogada de contragolpe, meteron o gol da honra. O mesmo xogador Pablo, tamén, tivo outra clara ocasión de gol, no minuto 78, pero non puido bater ao porteiro visitante.

En resumo, a pesar da derrota, bo encontro dos aresáns, moi ordenados en defensa, ante o líder da categoría.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.