Inicio Noticias Infantís Infantís: ASPIRANTES, 1 - NUMANCIA, 9.
 
 

Infantís: ASPIRANTES, 1 - NUMANCIA, 9.

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles. Temporada 2008-2009. A Gándara. Aspirantes 1 Numancia de Ares 9Goleada do Numancia en A Gándara.

 

Venres, 24 de abril de 2009.

Ramón.


Xornada 32, categoría de infantís

ASPIRANTES, 1 - NUMANCIA, 9.


Alineacións:

ASPIRANTES: Manuel Cambeiro, Manuel Abad, Bruno, Jorge, Diego, Alberto (Samuel, 41), Sergio, Juan, Eloy, Eduardo, Jairo (Christian, 41)

NUMANCIA: Pepe, Andrés, Miguel, Miguelito, Juan, Xaime, Edu, Javier, Ricardo, David, Juan Carlos (Alejandro, 41).


ARBITRO: Elena García Puente.


COMENTARIO:

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles. Temporada 2008-2009. A Gándara. Aspirantes 1 Numancia de Ares 9Volta de José Juan ao banco do Numancia, ao que a enfermidade e finamento do seu pai tiveronlle afastado durante algunhas xornadas e ao que dende aquí damoslle noso máis sentido pésame. Con Dani castigado por sanción, dirixiu a un equipo cheo de baixas pero que non foron condicionantes a teor do resultado final.

Os primeiros minutos do encontro estiveron moi igualados e ningún dos equipos exercía un dominio claro sobre o terreo de xogo. Aínda que os aresanos gozarían dunha boa ocasión para adiantarse no marcador, serían os locais no minuto 8 por medio de Juan o que enviaría o esférico ao fondo das mallas, nun centro dende a banda que a defensa do Numancia non acertan a despexar. Esta sería a ultima ocasión na que o Aspirantes achegaríase con perigo á meta numantina no que restaba de primeira metade, un Edu rapidísimo, que non atopaban a forma de paralo, trouxo en xaque aos centrocampistas e aos defensas ata o tempo de descanso. Proba diso foron os seus catro S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles. Temporada 2008-2009. A Gándara. Aspirantes 1 Numancia de Ares 9primeiros goles, nos minutos 10, 16 e 26, a pases de David (dous) e Miguel que colocaron o balón ás costas dos defensas, Edu moito máis rápido controla, conduce, encara e marca. O cuarto gol, minuto 29, lógrao en xogada individual pola banda dereita ao saque dun fora de banda, cólase na área e bate o gardameta de forte disparo axustado á base do pao. Coa primeira metade prácticamente rematada, minuto 39, Miguel bota un corner que chega aos pés de Juan Carlos, dispara a porta, o balón é rexeitado en curto pola defensa e Ricardo de bolea fusila a meta local para establecer o 1 - 5 co que se chegaría ao descanso.

Nada máis iniciarse a segunda metade, minuto 42, roubo de balón de Edu en medio campo, conduce ata o área local e de disparo cruzado bate o gardameta, 1 - 6. Nesta segunda metade os centrocampistas numantinos estiveron moi activos abrindo o xogo cara as bandas sobre Xaime e Javier, que cos seus contraataques levaron un perigo constante S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles. Temporada 2008-2009. A Gándara. Aspirantes 1 Numancia de Ares 9sobre a área do Aspirantes. No minuto 44, pase de Edu sobre Xaime que en xogada individual pola banda esquerda gaña a área e encara o gardameta ao que bate de tiro cruzado, 1 - 7. Dez minutos máis tarde Edu bota un corner moi pechado sobre o segundo pau ao que Javier só ten que meter a testa para introducilo na portería 1 - 8. O ultimo gol do Numancia, minuto 68, nace nun novo contraataque de Xaime pola banda esquerda, colga o balón na área onde Ricardo toca o suficiente para deixalo morto, Javier que viña en carreira empalao e envíao o fondo das mallas para establecer o 1 - 9 definitivo.

Ao contrario do que sucedera na primeira parte, nesta segunda, os locais estiveron moito máis activos e conseguiron chegar en bastantes ocasións ás inmediacións da área aresana, pero unhas veces a defensa e en outras as intervencións de Pepe impediron que subise algún tanto ao marcador.

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles. Temporada 2008-2009. A Gándara. Aspirantes 1 Numancia de Ares 9O equipo aresano a pesar de contar con moitas baixas, plantoulle cara ao encontro e realizou un bo partido. Destacar as actuacións de Miguel (moi seguro en defensa), Miguelito (ben, aínda que ten pendente o remate de cabeza), David (ben, sobretodo na primeira metade), Xaime e Javier (moi ben polas bandas) e Edu (que foi o mellor do encontro). No equipo local destacar as actuacións do seu capitán Juan que na segunda metade levou pola banda dereita moito perigo sobre a área numantina, e Manuel, o gardameta, que a pesar dos tantos encaixados realizou intervencións sensacionais que evitaron que a goleada fose moito maior.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.