INFANTÍS. NUMANCIA, 2 - G. CARANZA "B", 4.

REMONTADA DO EQUIPO VISITANTE.

Partido correspondente á décimo sétima xornada de liga que finalizou coa vitoria dos visitantes. Ao descanso chegouse coa vitoria local por 2 - 0.


Prados Vellos, 13 de abril de 2013

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Fernando, Fran, Raúl, Antonio (Adrián), Piñeiro, Adri (Javi), Alexis (Diego), Anido, Pablo (C), Luís (Marcos) e Enol (Alex).

Adestrador: Antonio Gonzalez Varela.
Delegado: Javier Aneiros Martínez.

GALICIA DE CARANZA “B”: Diego, Luís (Mateo), Miguel, Bruno, Javier López (Jesús), Javier Luaces (C), Carlos Díaz, Eduardo, Gabriel, Aarón (Jose Luís) e Iván.

Adestrador: Pedro Garrote Fernández.
Delegado: Álvaro Dopico Martínez.

COLEXIADO: Jose A. Rodríguez Dopico. Sen incidencias.

GOLES:

1 – 0: Adri (min. 9) – Falta lanzada por Luís por banda dereita entre os defensas do Galicia de Caranza e Adri rozan levemente o balón entrando na porteira visitante.

2 – 0: Enol (min. 28) – Centro de Alexis por banda dereita, fallo do central ferrolano, que aproveita moi atento Enol, quen cun gran disparo marca ante a saída do porteiro.

2 – 1: Piñeiro (min. 42 p.p) – Fallo defensivo do Numancia, disparo dun xogador visitante, que desvía Piñeiro e con tan mala sorte que entra na portería local.

2 – 2: Jose Luís (min. 50) – Centro por banda dereita, fallo na marcaxe da defensa aresana e gol do xogador visitante sen ningunha oposición.

2 – 3: Eduardo (min. 65) – Centro por banda dereita, fallo defensivo e gol do xogador visitante cun disparo cruzado.

2 – 4: Carlos Díaz  (min. 68) – Córner por banda dereita e gran remate de cabeza sen oposición do xogador visitante que bate a Fernando.

 

 

COMENTARIO:

Gran primeira metade do Numancia, donde presionaba moi ben ao equipo visitante e non lle deixaba realizar o seu fútbol de toque. Froito desa presión os aresáns empezaron a chegar con moito perigo á área do Galicia de Caranza. O Numancia defendíase con moito orden e o Galicia non conseguía chegar con perigo á porteira local. Así no minuto 9 e 28 marcáronse dous goles e chegouse ò descanso coa merecida vitoria do equipo local.

Na segunda parte, o Numancia  desapareceu do partido e os visitantes saíron con outra cara e tiveron todo o control do xogo. O Galicia, tocaba e tocaba ó balón, e así empezaron a caer un gol trás outro. O Numancia fixo unha desastrosa segunda metade, intentado defenderse do equipo rival e con moi poucas ou ningunha chegada á área visitante.

En resumo, nos temos que quedar cunha moi boa primeira parte do Numancia, donde ao final, decidiu a maior pegada do equipo visitante. Pésima imaxe dos aresáns na segunda metade.

Para ler a crónica do partido publicada na web do Galicia de Caranza PICA AQUI.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.