Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. ANIMAS, 0 - NUMANCIA, 1.
 
 

INFANTÍS. ANIMAS, 0 - NUMANCIA, 1.

GRAN PARTIDO DO NUMANCIA

Partido correspondente á décimosexta xornada de liga que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse con empate a ceros.


 

A Gándara 6 de abril de 2013

ALIÑACIONS:

ANIMAS: Borja (Kevin), Manuel López (Rui), Miguel, Cristián (C), Manuel Valeros (Juan), Álvaro, Walter, Xaquín, Jesús, Jonathan e Luggi.

Adestrador: Emilio Bustabad Feal.
Delegado: Andrés García Corral.

NUMANCIA: Fernando, Antonio (Javi), Raúl, Marcos (Pablo Cavezza), Piñeiro, Adrián Aneiros,  Alexis (Gabri), Fran Anido (Adrián Garcia), Alex (Diego), Luís e Pablo (C).

Adestrador: Antonio González Varela.
Delegado: Javier Aneiros Martínez.

COLEXIADO: Antonio Belizón Flores. Amoestou a Cristián do Animas.

GOLES:

0 – 1: Antonio (min. 41) - Balón roubado no círculo central, centro de Luís e mala saída do porteiro local que aproveita Antonio libre de marca para rematar a pracer.

COMENTARIO:

Gran primeira metade do Numancia que tivo todo o dominio do xogo, e lástima que non se puideran aproveitar as claras ocasións de gol que tivemos. O equipo local non creaba perigo e só con algún disparo lonxano conseguían inquietar a Fernando. No minuto 28, gran xogada combinativa por banda esquerda dos aresáns que remata Alex ao pao. No minuto 39, gran volea de Alexis que pega tamén no pao. Ao descanso chegouse cun inxusto empate que non facía xustiza ao visto no terreo de xogo.

Na segunda metade o Numancia saíu en tromba e no minuto 41 conseguiu o mais que merecido gol que ao final resultaría definitivo. Logo a igualdade foi a tónica do encontro, e tanto o Animas como o Numancia dispuxeron de claros contragolpes pero o marcador non se moveu.

En resumo gran primeira metade dos aresáns onde ao final decidiu a maior pegada do equipo visitante.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.