INFANTÍS. NUMANCIA, 1 - PORTUARIOS, 7.
CLARA DERROTA FRONTE O PORTUARIOS
Partido correspondente á décima cuarta xornada de liga que finalizou coa vitoria visitante. Ao descanso chegouse con vantaxe do Portuarios por 2-0.
Prados Vellos, 16 de marzo de 2013
ALIÑACIONS:
NUMANCIA: Fernando, P. Cavezza (Fran Martínez), Raúl, Piñeiro, Antonio, Adrián, Gabri (Marcos), Pablo, Fran Anido, Luis e Enol (Diego).
PORTUARIOS: Roy, Adrián, Moises (Pablo), Diego Duran (Jonathan), Jericó, Alejandro, Miguel (Cristian), Alberto (Jaime), Santiago, Diego Pantin e David (Alex).
COLEXIADO: D. David Bouza Leiro. Amosou cartóns amarelos a Alex polo Portuarios e Marcos polo Numancia . Tamén amosou cartón vermello directo a Adrián polo Numancia.
GOLES:
0 – 1: Adrián (min. 25) – Gran disparo dende a frontal da área que bate a Fernando por alto.
0 – 2: Alberto (min. 33) – Erro defensivo na marcaxe dos aresáns e Alberto libre de marca marca sen oposición.
0 – 3: Miguel (min. 47) – Penalti que transforma Miguel
0 – 4: Adrián (min. 57) – Centro dende banda dereita, Fernando non atalla o balón e remate de tacón do xogador visitante.
0 – 5: Jaime (min. 59) – Contragolpe dos visitantes que remata a pracer Jaime.
1 – 5: Fernando (min. 61) – Penalti que transforma o porteiro local.
1 – 6: Jerico (min. 73) – Centro dende banda dereita e gran remate de cabeza do xogador visitante.
1 – 7: Jerico (min. 80) – Contragolpe dos visitantes e marca Jerico sen oposición.
COMENTARIO:
Derrota ante un equipo moi superior ao noso, donde demos moitas facilidades e non soupemos contrarrestar o xogo do Portuarios.