Inicio Noticias Infantís Infantís: Numancia, 1 - O Val, 3
 
 

Infantís: Numancia, 1 - O Val, 3

A.D.R. Numancia de Ares. Infantiles 2012.2013. Numancia- O Val. Prados VellosXUSTA DERROTA

Partido correspondente a duodécima xornada de liga que finalizou coa vitoria visitante. Ao descanso ó marcador reflexaba un empate a 1-1. 

Prados Vellos, 1 de marzo de 2013

Aliñacións:

Numancia: Fernando, Antonio (Marcos), Carlos Piñeiro, Raúl Anido, Gabri (Alexis), Fran Anido, Pablo Ferro, Adrián, Pablo Enol (Diego Vilar), Luis e Alex Feal (Javier). 

Adestrador: Enrique Javier Yanel Fernández
Delegado: Javier Aneiros Martínez.

O Val: Sergio(Joel), Adrián Collado, Ángel (Héctor), Hugo, Matías, Bruno, Adrián Fernández, Jaime, Paulo (Cristian), Julián e Rubén (Juan).

Adestrador: Antonio Ramos Castro
Delegado: Sergio Romero Rodríguez

Árbitro: David Sierra Pereira amosou cartón amarelo a Jaime de O Val.

Goles: Pablo Ferro para o Numancia, Jaime (2) e Paulo para O Val.

0-1 (  4') Jaime: Disparo dende a frontal da área pegado ao pao esquerdo de Fernando.
1-1 (17') Pablo Ferro: Saque de banda dos aresáns que recolle Adrián e pasa a Alex quen dispara, para o porteiro local, pero o rexeite o remata libre de marca, Pablo.
1-2 (49') Jaime: Córner do equipo visitante e fallo defensivo na marcaxe a Jaime quen marca cun disparo que sorprende a Fernando.
1-3 (69') Paulo: Contragolpe visitante e posible fora de xogo do xogador valexo, Adrián Fernández, quen pasa a Paulo e marca sen oposición.

COMENTARIO:

      Partido que comezou con claro dominio do xogo do equipo visitante que dispuxo dun penalti  no minuto (2) do partido quen parou Fernando cunha gran estirada. Os valexos saíron cunha gran intensidade e dou o seu fruto no minuto (4) donde, Jaime, cun gran disparo marcaba para O Val o primeiro gol do partido. O Numancia intentaba defenderse do empuxe do equipo visitante e a raíz do seu gol o dominio empezou a equilibrarse. Así no minuto (17) Pablo empatou o partido. Nós tivemos ata tres claros contragolpes que non puidemos aproveitar e chegouse ao descanso cun empate.

    Na segunda parte, o Val saíu otra vez cunha gran intensidade . O equipo local tentaba xogar pero non podía poñer en apretos ó seu rival. Nun erro defensivo que non perdoaron os visitantes, marcaron un segundo gol. Os aresáns  intentaron reaccionar e fixo un último esforzo de empatar o partido, pero nun contragolpe os visitantes remataron o encontro.

     En resumo, resultado xusto a tenor do visto no partido, donde decidiu o maior dominio e pegada do equipo visitante.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.