Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. CEDEIRA, 2 - NUMANCIA, 3
 
 

INFANTÍS. CEDEIRA, 2 - NUMANCIA, 3

VITORIA MOI TRABALLADA

Partido correspondente á décima xornada de liga que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse cun resultado de 0 - 2.

 


Municipal O Beco, 16 de febreiro de 2013

ALIÑACIONS:

CEDEIRA: Pablo Espiñeira, Julián, Juan, Brandan, Adrián Pita (Adrián Lourido), Álvaro (Aarón), Francisco, Miguel Ponce (C),  Pablo Grandal, Andrés (Daniel Freire) e Daniel Montero (Miguel Novais).
Adestrador: Gonzalo López.
Delegado: Esteban Barcia

NUMANCIA: Fernando, Antonio (Javi), Raúl, P. Cavezza (Marcos), Piñeiro, Adrián Aneiros, Enol (Adrián Garcia), Luis, Fran (Gabri), Alex (Diego), e Pablo (C).
Adestrador: Enrique Javier Yanel.
Delegado: Javier Aneiros.

COLEXIADO: Borja Gundín Barreiro. Amoestou a Pablo Grandal do Cedeira e a Luis do Numancia.

GOLES:

0 – 1: Fran (min. 11) – Contragolpe dos aresáns, pase a Pablo que corre toda a banda e centra á área, onde remata Alex ao pao, o rexeite o colle Fran que libre de marca, dispara e bate ao porteiro local.

0 – 2: Piñeiro (min. 24) – Falta directa ao borde da área e bate ao porteiro local cun disparo pegado ao poste.

1 – 2: Adrián Lourido (min. 67) – Disparo dun xogador local que rexeita Fernando, pero o rechaze lle cae a Adrián Lourido que sen oposición bate a Fernando.

1 – 3: Luis (min. 74) – Mal despexe do porteiro local que recolle Luis, regatea ao central cedeirés e bate ao porteiro cun gran disparo.

2 – 3: Julián (min. 77) – Fallo defensivo na marca de Julián que cunha gran bolea bate a Fernando.

COMENTARIO:

Primeira metade onde os dous equipos saíron con moitas precaucións defensivas e ningún deles levaba a iniciativa do xogo. Os aresás aproveitaron moi ben as escasas ocasións de gol que tiveron. Defensivamente estiveron moi ben e non pasaron por case ningún perigro, chegándose ao descanso cunha vitoria visitante por 0 - 2.

Na segunda parte, o Cedeira saíu con outra mentalidade e empezou a ter o dominio do xogo. Aínda así o Numancia non pasaba por moitos apuros grazas a que os nosos defensas e porteiro estiveron moi acertados. Incluso tivemos algúns contragolpes pero non puidemos aproveitar ningún deles. Nunha xogada de mala sorte chegou o primeiro gol do Cedeira que os metía de novo no partido. Pero enseguida reaccionamos e marcamos un terceiro e case definitivo gol. O Cedeira tivo uns minutos finais con moita presión e nós estabamos un pouco atascados e grazas a ese último esforzo, conseguiron os locais, un segundo gol a falta de 3 minutos para o remate do partido. De aí ao final non houbo tempo para máis e non se moveu o resultado.

En resumo, partido moi intenso e igualado onde decidiu a maior pegada dos aresáns. Dedicamos esta vitoria ao noso adestrador Tony que por motivos laborais estará ausente unhas semanas. Destacar o gran comezo de Javi Enrique na súa estrea como novo adestrador do equipo. Noraboa rapaces.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.