Inicio Noticias Infantís INFANTIS: G. CARANZA "B", 5 - NUMANCIA, 1.
 
 

INFANTIS: G. CARANZA "B", 5 - NUMANCIA, 1.

GRAN PRIMEIRA METADE DO NUMANCIA

Partido correspondente á sexta xornada de liga aprazada debido ao temporal que finalizou coa vitoria do G. Caranza “B”. Ao descanso chegouse cun empate por 1 - 1.


Municipal de Caranza, 11 de febreiro de 2013

ALIÑACIONS:

GALICIA DE CARANZA “B”: Diego (Bruno Noya), Luis, Eric, Carlos González, Alejandro, Javier Luaces (C) (Javier López), Carlos Díaz, Eduardo (Iago), Álvaro (Iker), Gabriel e Iván (Bruno Balado).
Adestrador: Pedro José Garrote.
Delegado: Álvaro Dopico.

NUMANCIA: Fernando, Aléxis, Raul (Javi), P. Cavezza, Piñeiro, Adrián Aneiros, Enol (Antonio), Fran (Adrian Garcia), Alex (Marcos), Luis e Pablo (C).
Adestrador: Antonio González.
Delegado: Javier Aneiros.

COLEXIADO: Francisco Javier Piñon López. Sen incidencias.

GOLES:

0 – 1: Pablo (min. 15) – Erro do porteiro local na saída do balón e gran disparo de Pablo que o bate por enriba.

1 – 1: Eduardo (min. 24) – Gran pase do Caranza á espalda de Alexis, que recolle Eduardo, recorta a Raul e bate a Fernando por abaixo pegado ao pao.

2 – 1: Álvaro (min. 53) – Córner en corto que sorprende aos aresáns, centro ao segundo pao e remate libre de marca do xogador local.

3 – 1: Eduardo (min. 66) – Contragolpe do equipo local e gran disparo de Eduardo que bate a Fernando por enriba.

4 – 1: Alejandro (min. 68) – Centro por banda dereita á área pequena que Fernando non consegue despexar, pase atrás dun xogador local para que Alejandro marque a pracer sen ningunha oposición.

5 – 1: Alejandro (min. 74) – Centro por banda dereita e Fernando á intentar despexar mete ó balón na súa propia portaría.

COMENTARIO:

Primeira parte con dominio do xogo e posesión de balón por parte do G. Caranza, donde o Numancia presionaba e defendíase moi ben. Fruto dese dominio empezaron a chegar as ocasións pero tanto a defensa como Fernando conseguían despexar o perigro. Así no minuto 10, tiro ao longueiro do equipo local, e no rechaze gran parada de Fernando. No minuto 15, nun erro do porteiro local conseguíamos poñernos con ventaxa no marcador. O Caranza seguía igual e nun fallo defensivo, no minuto 24, marcou o empate. Chegouse ò descanso cun empate donde os aresáns fixeron unha gran primeira metade.

Na segunda parte, o Galicia, seguía tocando e tocando o balón, e fruto dese dominio chegou un segundo gol, no minuto 53. O Numancia nun claro contragolpe, no minuto 62, tivo unha clara ocasión de gol por parte de Pablo para empatar o partido, pero non puido ser. A partir deste minuto, os aresáns empezaron a acusar o cansanzo, intentado defenderse do equipo rival e con moi poucas chegadas na área visitante. Así empezaron a caer un gol trás outro.

En resumo, nos temos que quedar cuns 60 minutos do Numancia donde os aresáns tiveron moi boa actitude, correron moitísimo detrás do balón e ao final acusaron o esforzo.

Crónica e imáxes do encontro na web do Galicia de Caranza

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.