INFANTÍS. NUMANCIA, 2 - NARÓN, 1.

PRIMEIRA VITORIA DO NUMANCIA NA LIGA

Partido correspondente á novena xornada de liga que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse cun empate por 1 - 1.

 

 

 Prados Vellos, 9 de febreiro de 2013

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Fernando, Antonio. Javi (Raul), Marcos (P. Cavezza), Adrian Aneiros, Enol, Alexis (Piñeiro), Luis, Alex (Diego), Adrian Garcia (Fran) e Pablo (C).
Adestrador: Antonio González.
Delegado: Javier Aneiros.

NARON: Daniel, Raul, Luis, Brais (Sergio), Ismael (Xabier), Oscar (C), Ivan, David (Imanol), Iago (Sergio), Pablo (Rodrigo) e Antonio.
Adestrador: Francisco Javier Ricoy
Delegado: Fernando Álvarez.

COLEXIADO: Telmo Perez Vazquez. Sen incidencias.

GOLES:

0 – 1: Raul (min. 10) – Corner por banda dereita e fallo de marcaxe rematando sen oposición o xogador visitante dentro da área pequena.

1 – 1: Pablo (min. 17) – Moi boa triangulación no centro do campo, pase a Pablo que recorta ó defensa do Naron e bate ao porteiro cun disparo á media altura.

2 – 1: Luis (min. 46) - Falta directa dende o borde da área que cun disparo por enriba bate a Daniel.

COMENTARIO:

Partido que comezou con bo ritmo e no que ningún dos equipos foi quen de levar a iniciativa do xogo. Dous equipos cun nivel parello, deixándonos unha primeira parte con poucas ocasións de gol, donde as defensas impoñianse as dianteiras pero en sendos fallos defensivos, chegouse com empate a uns o descanso.

Na segunda parte, o Numancia saíu con outra mentalidade e empezou a ter o dominio do xogo. Fruto dese dominio chegou o segundo e definitivo gol de falta, lanzada maxistralmente por Luis. A raiz do gol, o equipo visitante fixose coa posesión do balón pero a nosa defensa e porteria estivo moi segura e o Narón só tivo duas claras ocasións de gol, unha delas contra o pau do porteiro local. Os aresáns tiveron claros contragolpes pero non poideron aproveitar ningún deles, debido a falta de acerto dos nosos dianteiros.

En resumo, partido moi intenso e igualado donde decidiu a maior pegada dos aresáns. Moi boa actitude e garra dos rapaces cun resultado final que facía xustiza ao visto no terreo de xogo. Noraboa.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.