INFANTÍS:NUMANCIA, 5 - CARIÑO, 3.

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. Prados Vellos. Numancia 5 - Cariño 3.O Numancia sufriu para levarse os tres puntos.

Sábado, 18 de abril de 2009.

Ramón.


Xornada 31, categoría de infantís

NUMANCIA, 5 - CARIÑO, 3.


Alineacións:

NUMANCIA: Xaime, Roque, Adrián, Miguel, Miguelito, Juan (Dario, 41), Javier, David, Ricardo (Alejandro, 65), Edu, Andrés (Juan Carlos, 52).

CARIÑO: Brais, Carlos (Pablo, 74), David, Rubén, Juan, Javier, Sergio, Manuel, Christian, José, Adrián


ARBITRO: Brais Ferreiro Verez.


TARXETAS:

Non minuto 70 foi expulsado Daniel Iglesias, adestrador do Numancia, ao amosarlle ou colexiado cartón vermello.

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. Prados Vellos. Numancia 5 - Cariño 3.
 S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. Prados Vellos. Numancia 5 - Cariño 3.

 

COMENTARIO:

O Numancia gañou un encontro que se lle puxo costa arriba dende os minutos iniciais. Os aresáns saíron excesivamente confiados e tardaron algúns minutos en atopar a súa posición no campo, o que aproveitaron os visitantes para adiantarse no marcador. No minuto 1, centro tempado dende o lateral que é rematado de cabeza por Adrián libre de marca. Catro minutos máis tarde volvían anotarse un novo tanto, nesta ocasión por medio de Carlos que dende fóra da área e de forte disparo raso, axustado ao pau, bate a Xaime, 0 – 2. No minuto 9, o Numancia gozaría dunha boa ocasión nas botas de Ricardo que realiza un forte disparo dende o bordo da área ao que respondería o gardameta Brais cunha extraordinaria parada. No minuto 12, roubo de balón de Edu en medio campo, conduce ata o bordo da área, lévase á defensa e bate de tiro cruzado ao gardameta para reducir a vantaxe no marcador, 1 – 2. Este gol levantaría os ánimos dos locais, aos que os dous tantos encaixados nos minutos iniciais lles habían feito moito dano e non remataban de centrarse no encontro. No minuto 21, un erro defensivo na área local, na que os defensas non acertan a despexar un balón morto, é aproveitado por José para marcar un novo gol para o Cariño, 1 – 3, volvendo poñer de novo o encontro costa arriba para os aresáns que a estas alturas do encontro aínda non atoparan o seu sitio, o que permitía aos visitantes xogar con bastante facilidade. No minuto 34, serían os numantinos os que acurtarían novamente distancias por medio de Edu nunha xogada similar á do primeiro gol para establecer o 2 – 3 co que se chegaría ao descanso.

Aos tres minutos de iniciada a segunda metade, roubo de balón de Adrián en medio campo, pase sobre Edu que de forte disparo dende os tres cuartos sorprende por alto ao meta cariñense para establecer a igualada no marcador. No minuto 58, contraataque rapidísimo de Javier pola banda dereita, cede sobre Ricardo que se interna na área, pase medido entre os defensas sobre Edu que libre de marca bate por baixo ao gardameta para poñer aos aresanos por diante, 4 – 3. Nos minutos 62 e 65 o Cariño gozaría de duas clarisimas ocasións de gol, que por sorte para os locais, se estrelarían na base do pau e no longueiro respectivamente. Pero serían os aresáns, no minuto 68, nun novo contraataque de Javier pola banda dereita, pase en profundidade ás costas dos defensa sobre Edu que volve bater por baixo ao gardameta para establecer o 5 – 3 definitivo.

Na primeira metade o Numancia non xogou un bo partido, deu demasiadas facilidades no medio campo e a defensa non estivo moi acertada nos primeiros compases do encontro o que propicio que fosen a remolque do Cariño, tanto en xogo coma no marcador. No segundo tempo cos cambios realizados, tanto de xogadores, coma de posicións no terreo de xogo, os aresáns non permitiron xogar ao Cariño con tanta comodidade e puídose gozar dunha segunda metade máis igualada, na que en boa parte os locais foron superiores, o que lles propicio levarse os tres puntos.

Malia non realizar un bo encontro, especialmente na primeira metade, os rapaces merecen ser felicitados polas ganas que puxeron para levantar un marcador en contra. Destacar a actuación de Edu artífice da vitoria local cos seus cinco goles.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.