INFANTÍS. NUMANCIA, 1 - ORTIGUEIRA, 3.
A PESAR DA DERROTA, QUEDAMONOS COA PRIMEIRA PARTE DO NUMANCIA.
Último partido do ano correspondente á cuarta xornada de liga que finalizou coa vitoria do Ortigueira. Ao descanso ó marcador reflexaba un empate a 1 - 1.
Prados Vellos, 22 de decembro de 2012
ALIÑACIONS:
NUMANCIA: Piñeiro, P. Cavezza (Iván min. 41), Raúl, Marcos, Adrián, Gabri (Martín min. 41), Alexis, Antonio (Javi min. 61), Alex, Enol e Pablo.
ORTIGUEIRA: Juan (Francisco min. 41), Cristián (Adrián Ben min. 51), Diego Sueiras (Adrián Rubido min. 63), Rafael, José, Borja, Andrés Muíños, Luis, Tomas (Jorge min. 32), Andrés Barcón (Brais min. 41) e Adrián Núñez.
COLEXIADO: Eduardo Pereira Dobarro. Sin incidencias
GOLES:
1 – 0: Enol (min. 20) – Falta botada dende campo propio por Piñeiro as espaldas da defensa e moi rápido Enol bate a Juan cunha volea a media altura.
1 – 1: Luis (min. 28) – Pase ao centro da área que recolle Luis regatea a Adrián e bate ao porteiro local cun disparo pegado ao poste.
1 – 2: José (min. 60) – Córner por banda esquerda que remata de cabeza José, rexeita a defensa local, pero o rexeite ó volve a recoller José quen libre de marca, bate ó porteiro local, cun disparo dentro da área pequena.
1 – 3: Brais (min. 75) – Centro dende a banda esquerda e remate do dianteiro visitante que rexeita Piñeiro, pero a defensa local non é quen de despexar o balón é outra vez Brais dispara e marca a pracer.
COMENTARIO:
Partido que comezou con moi bo ritmo e no que ningún dos equipos foi quen de levar a iniciativa do xogo. Nesta primeira parte o Numancia traballou con moita intensidade e fixo unha boa labor a nivel defensivo polo que o equipo visitante non creou moito perigo.
Na segunda parte, o Ortigueira tivo a posesión do balón e pouco a pouco foi dominando o encontro. Parece que o Numancia en canto avanzaban os minutos do partido, perdía intensidade e o control do mesmo pasou a mans do equipo visitante. Así en dous fallos defensivos perdemos o partido. Poucas ocasións de gol tiveron os de Ares nesta segunda metade.
En resumo, derrota ante un equipo, en principio superior ao noso, pero que ata entrada a segunda metade non foi quen de demostralo. Témonos que quedar coa moi boa primeira metade do Numancia. Hai que salientar as numerosas baixas que tivemos neste encontro.