Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. PORTUARIOS, 7 - NUMANCIA, 1.
 
 

INFANTÍS. PORTUARIOS, 7 - NUMANCIA, 1.

Numancia de Ares ADR. Infantís 2012-2013. Portuarios 7 - Numancia 1. A Gandara 14/12/12.CLARA SUPERIORIDADE LOCAL.

Partido correspondente á terceira xornada de liga que finalizou coa vitoria do Portuarios. Ao descanso ó marcador reflexaba unha vitoria local por 4 - 0.


A Gándara, 14 de decembro de 2012

ALIÑACIONS:

PORTUARIOS: Roy, Jonathan (Diego Pantin min. 61), Pablo (Cristian min. 50), Adrián, Moisés, Diego Duran, Jericó, Alejandro (Santiago min. 40), Miguel, Alberto e Jaime.

NUMANCIA: Fernando, Alexis, Raul, Dani (Marcos min. 40), Adrián, Gabri (Javi min. 54), Enol (P. Cavezza min. 40), Luis, Alex, Piñeiro e Pablo.

COLEXIADO: D. Roberto J. Landrove Sande. Amoestou a Adrián, xogador do Portuarios.

GOLES:

1 – 0: Diego Duran (min. 3) – Falta directa dende a banda dereita que sorprende a Fernando por alto. !!!Golazo !!!.

2 – 0: Jaime (min. 27) – Pase dende o centro do campo á espalda de Alexis, indecisión de Fernando que non sae a coller o balón, e o xogador local moi atento remata a pracer.

3 – 0: Alberto (min. 36) – Fallo na marcaxe do Numancia e o xogador do Portuarios, libre de marca, cun disparo dentro da área pequena envia o fondo da rede.

4 – 0: Jericó (min. 38) – Tiro dende 20 mtrs que se estrela no longeiro, tanto Raúl como Fernando se quedan mirando e non van hacia o rexeite do balón e o xogador ferrolano marca a pracer.

5 – 0: Jaime (min. 46) – Córner botado polo Portuarios que os de Ares non acertan a despexar, e o xogador local cun punteirazo dentro da área pequena, bate por abaixo a Fernando.

5 – 1: Piñeiro (min. 47) – Pase en profundidade de Alexis a Alex, e claro penalti do defensa local que derriba á o dianterio aresano. Marca Piñeiro enganando ao porteiro.

6 – 1: Jaime (min. 55) – Caneo do dianteiro local a Raúl e tamén a Adrián plantádose só no borde da área pequena para batir por abaixo a Fernando.

7 – 1: Adrián (min. 79) – Córner botado polos ferrolanos dende a banda esquerda e remate do xogador local libre de marca que bate a Fernando.

COMENTARIO:

Partido que durante os 80 minutos tivo como claro dominador do encontro ó equipo do Portuarios. Eles tiveron moito perigro a balón parado; tanto en faltas directas como nos corners, propiciadas moitas delas pola falta de contundencia e agresividade dos de Ares. O Numancia intentou defenderse e de vez en cando, saia en contragolpes que non creaban moito perigro ó equipo local.

A moitos dos nosos xogadores, faltoulles actitude, e así, pouco ou nada se pode facer, diante de ningún equipo.

En resumen, derrota diante dun equipo moi superior ao noso, donde se deu moitas facilidades e non se soupo contrarestar o xogo do rival.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.