Inicio Noticias Infantís INFANTÍS:PERLIO, 0 - NUMANCIA, 12.
 
 

INFANTÍS:PERLIO, 0 - NUMANCIA, 12.

S.D.R. Numancia de Ares. Infantiles. Temporada 2008-2009. Perlío 0, Numancia 12Goleada do Numancia nos Piñares

Sábado, 11 de abril de 2009.

Ramón.


Xornada 21, categoría de infantís.

PERLIO, 0 - NUMANCIA, 12.


Alineacións:

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. Perlío 0, Numancia 12PERLIO: Victor, Adrián Gómez, Jorge Cabana, Miguel Gabeiras, Jorge Souto, Chistián, Alejandra (María, 60), Adrián Dopico (Aarón, 41), Diego, Manuel Mosquera (Miguel Santos, 55), Manuel García.

NUMANCIA: Pepe, Verónica, Miguel Piñeiro, Miguelito, Juan (Alejandro, 50), Quique, Javier, David (Adrián, 41), Ricardo (Xaime, 41), Edu, Alberto (Andrés, 41).


ARBITRO: Miguel Eiroa Castro.


GOLES:

0 - 1: minuto 6, xogada individual de Edu pola banda esquerda, que se planta na área para bater ao gardameta de tiro cruzado.

(0 - 2): minuto 21, Edu cola un pase medido entre os defensa para asistir a Quique que de tiro axustado ao pau envía ao fondo das mallas.

(0 - 3): minuto 24, Edu colga un balón na área dende medio campo, Ricardo anticípase á defensa e queda só ante o gardameta para batelo de tiro raso.

(0 - 4): minuto 26, falta no pico da área que colga Edu, fórmase un barullo na área pequena con varios remates e rexeites, finalmente Javier consegue envialo ao fondo das mallas.

(0 - 5): minuto 35, pase en profundidade de Alberto que gaña as costas dos defensas, Edu máis rápido controla e conduce para bater ao gardameta de tiro cruzado.

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. Perlío 0, Numancia 12(0 - 6): minuto 38, xogada individual de Ricardo pola banda dereita que alcanza o pico da área, centra e Edu en carreira envía o esférico ao fondo das mallas.

(0 - 7): minuto 43, roubo de balón de Edu no bordo da área, regatea a dous defensas e ao gardameta para marcar a porta baleira.

(0 - 8). Minuto 45, internada de Edu pola banda esquerda, centro medido á área pequena que é rematado por Javier, estrelandó na base do pau, o rexeite é aproveitado por Juan para envialo ao fondo das mallas.

(0 - 9): minuto 57, pase en profundidade de Andrés dende medio campo que gaña as costas dos defensa, o balón é recollido por Edu para bater por baixo ao gardameta.

(0 - 10): minuto 61, pase de Edu sobre Xaime que dribla a un defensa e ao porteiro para marcar a porta baleira. Xusto premio para o rapaz pois con anterioridade estrelara un balón no longueiro e outro na base do pau.

Nos minutos 70 e 72, Quique e Edu respectivamente, ambos os dous de forte disparo dende o bordo da área sorprenden por alto ao gardameta para facer subir dous novos tantos que significarían o 0 - 12 definitivo.


S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. Perlío 0, Numancia 12INCIDENCIAS:

Na mañá do pasado sábado celebrouse o encontro entre o Perlio e o Numancia, correspondente á 21ª xornada de liga, aprazada a causa dos temporais que azoutaron a bisbarra o pasado mes de febreiro. A pesar de que o día amenceu nubrado e ameazaba choiva, ao final o tempo acompañounos podéndose gozar dunha mañá soleada, practicamente, durante todo o encontro.


COMENTARIO:

Superioridade manifesta do Numancia, no campo dos Pinares, fronte o Perlio, onde os aresáns marcaron o tempo dun encontro no que exerceron de capitáns Alejandra e Quique. Bo comezo por parte de ambos os dous conxuntos e onde a medida que pasaban os minutos o Numancia se foi facendo dono do partido. O control exercido por Quique e David en medio campo e as subidas polas bandas de Javier e Alberto con asistencias para Edu e Ricardo pronto remataron por decantar o encontro en favor dos aresáns que aínda que chegaban con moita claridade non conseguían materializar as súas ocasións. Foi a partir dos vinte minutos de xogo, cun equipo local repregado e incapaz de frear a os aresáns, cando comezarían a caer os goles en favor do Numancia. Proba diso é que no tempo que restaba para a finalización da primeira metade conseguirían endosarlle cinco tantos ao Perlio. Neste segundo tramo da primeira parte os locais tamén gozarían de dúas boas ocasións consecutivas para acurtar distancias, nas botas de Chistián, que non conseguiría materializalas. Ao final chegaríase ao descanso cun parcial de 0 - 6 a favor do Numancia.

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. Perlío 0, Numancia 12A segunda metade comezaría con dous bos contraataques dos locais que os seus dianteiros volverían a errar. A partir de aí os aresáns tomaría o control do xogo e comezarían a achuchar de novo a meta do Perlio, onde os goles non tardarían en caer. A presión exercida sobre a meta local foi tal que na ultima media hora de xogo o Perlio prácticamente renunciou ao ataque, adicando todos os seus efectivos a tarefas defensivas. O cansazo e o estado anímico dos locais, ante a impotencia de frear aos aresáns, rematou por causar efecto nun conxunto que desexaba que o encontro rematase canto antes.

Moi bo partido de todo o conxunto do Numancia que levaba unha racha de derrotas consecutivas e ao que parece que a vitoria da pasada semán ante o líder lle levanto a moral. Parabén para tod@s.

No equipo local un dos mellores xogadores foi o seu gardameta que a pesar da goleada encaixada realizou algunhas intervencións maxistrais que evitaron que esta fose moito maior.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.