INFANTÍS. O VAL, 2 - NUMANCIA, 1.

Numancia de Ares ADR. Infantís 2012-2013. O Val 2 - Numancia 1. Sinde 01/12/12.IGUALDADE.

Partido correspondente á primeira xornada da liga do Grupo 4º que finalizou coa vitoria de O Val. Ao descanso ó marcador reflexaba unha vitoria local por 1 - 0.

 

 

 

Sinde, 1 de decembro de 2012

ALIÑACIONS:

O VAL: Sergio (Joel min. 70), Matías (Héctor min. 52), Hugo, Paulo, Bruno, Julián, Adrián, Jaime, Rubén (Juan min. 41), Samuel (Adrián Iglesias min. 70) e Adrián Collado (Cristian min. 76).

NUMANCIA: Fernando, Dani, Raúl, Pablo Vascos (Adrián García min. 52), Adrián Aneiros, Gabri, Enol (Javi min. 57), Luís, Alex (Diego min. 52), Piñeiro e Pablo.

COLEXIADO: Rodrigo Fernandez Pita. Amoestou a Fernando do Numancia (65´).

GOLES:

1 – 0: Samuel (min. 31) – Córner colgado a área pequena que os de Ares non acertan a despexar e o dianteiro local moi atento, mete o pé e bate a Fernando cun floxo disparo.

1 – 1: Piñeiro (min. 51) – Falta directa dende o borde da área, que lanza Piñeiro e bate ao porteiro local de disparo a media altura.

2 – 1: Adrián (min. 70) – Penalti cometido por Adrián Aneiros que marca o xogador local, enganando co seu disparo a Fernando.

COMENTARIO:

Partido que comezou co dominio do xogo por parte do equipo local, e donde o Numancia defendiase con moito orde e non pasaba por moitos apuros. Os de Ares nesta primeira metade, tampouco tiveron moitas chegadas á área do Val. Nunha xogada aislada e con certa sorte, os valexos conseguen chegar ao descanso cunha vitoria pola mínima.

Na segunda parte, o Numancia saiu con outra cara e o domínio do xogo foi mais alterno. Chegouse con certo perigo á área local e asi conseguiuse empatar o partido no minuto 51. A partir de ahí, O Val tivo mais o balón pero só conseguia chegar á área numantina con disparos lonxanos que non creaban perigro. Fruto dunha chegada do equipo local, cometeuse un erro defensivo que non desaproveitaron os locais, e marcaron de claro penalti, o seu segundo gol. Faltaban 10 minutos para o remate do partido e o Numancia intentou reaccionar e fixo un último esforzo para empatar o partido, pero non poido ser.

En resumo, emocionante e igualado partido no que si os de Ares estivesen máis acertados, ou tido algo máis de sorte, quizais houbesen puntuado no campo de Sinde.

Na próxima xornada visita o campo de Prados Vellos, As Pontes, un dos máximos favoritos do grupo, que ésta a loitar para conseguir unha das duas plazas que da dereito a xogar a fase de ascenso á liga galega.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.