Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. EF AMISTADE MEIRAS, 2 - NUMANCIA, 6.
 
 

INFANTÍS. EF AMISTADE MEIRAS, 2 - NUMANCIA, 6.

Numancia de Ares ADR. Infantís 2012-2013. EF Amistade Meirás 2 - Numancia 6. Atios 16/11/12.CLARA VITORIA DO NUMANCIA.

Partido correspondente á decima xornada de copa que finalizou con vitoria do Numancia. Ao descanso chegouse coa vitoria numantina, 1 – 3.

Municipal de Atios (Valdoviño), 16 de novembro de 2012

ALIÑACIONS:

AMISTADE MEIRAS: Meidan, David, Saul, Blanca (David 40´), Carlos, Diego (Adrián 62´), Fernando, Yago, Aaron, Cristian e Jose.

NUMANCIA: Fernando, Antonio (Alexis 50´), Javi (Raul 24´), Marcos, Adrián, Gabri, Luis (Alex 50´), Fran (Enol 33´), Piñeiro, Diego e Pablo.

COLEXIADO: Francisco Daniel Pérez Ferro. Amonestou a David e Agustín (adestrador) polo Amistade de Meirás.

GOLES:

0 – 1: Piñeiro (min. 20), balón roubado no centro do campo polo Numancia e contragolpe levado e culminado por Piñeiro que bate ao porteiro local cunha vaselina.

1 – 1: Jose (min. 23), fallo na defensa do Numancia e balón que recolle Jose quen de disparo a media altura bate a Fernando.

1 – 2: Piñeiro (min. 28), roubo de balón dos de Ares no centro do campo que o poñen ás costas da defensa sobre Piñeiro, éste encara ao porteiro e nun man a man báteo por abaixo.

1 – 3: Adrián (min. 33), falta lanzada á área por Luis e Adrián cun certero cabezazo bate ao porteiro local.

1 – 4: Piñeiro (min. 50), contragolpe do Numancia que é culminado por Piñeiro.

1 – 5: Enol (min. 59), balón en profundidade ao pico da área que recolle Pablo, quen dispara a porta pero o porteiro rexeita o disparo que é aproveitado por Enol entrando desde atrás para marcar.

1 – 6: Pablo (min. 68), contragolpe de Enol que da o pase atrás a Pablo, quen bate ao porteiro local por abaixo.

2 – 6: Diego (min. 75), córner colgado o segundo pau que Fernando non é capaz de atallar e Diego envía a fondo da rede.

COMENTARIO:

Partido dominado pólo Numancia, primando máis a calidade individual, fronte ao labor de equipo, condicionado tamén, pólo estado do campo.

Na primeira metade o Numancia dispuso de claros contragolpes frente á meta visitante que non soupo aproveitar. A pesar diso os de Ares iríanse ao descaso cun 1 – 3 a favor.

Na segunda parte os de Ares crearían moitas mais ocasións de perigo pero o porteiro local estivo moi acertado. Finalmente os de Ares levarían a vitoria final por un máis que merecido resultado de 2 – 6.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.