INFANTIS. ANIMAS, 3 - NUMANCIA, 0.
PESIMO PARTIDO DO NUMANCIA.
Partido correspondente á novena xornada de copa que finalizou con vitoria do Animas. Ao descanso chegouse coa vitoria local, 2 - 0.
A Gándara, 9 de novembro de 2012
ALIÑACIONS:
ANIMAS: Borja (Adrian min. 67), Manuel López (Walter min. 41), Xaquin (Luigi min. 64), Cristian, Manuel, Álvaro, Bruno, Miguel, Yago, Jesús e Yoel.
NUMANCIA: Fernando, Antonio (Marcos min. 41), Raúl (Adri min. 58), Pablo Vascos (Diego min. 58), Adrián, Dani, Alexis, Gabri (Javi min. 61), Alex (Enol min. 41), Fran e Pablo.
COLEXIADO: Francisco Javier Piñon López. Amoestou os xogadores, Cristian e Jesús do Animas.
GOLES:
1 – 0: Joel (min. 7), balón roubado por banda esquerda que recolle o dianteiro do Animas e bate a Fernando cunha vaselina.
2 – 0: Xaquin (min. 25), saque de banda do equipo local que colga ó balón na área e o xogador do Animas bate a Fernando.
3 – 0: Joel (min. 65), contragolpe do equipo local culminado polo dianteiro ferrolán.
COMENTARIO:
Partido dominado polo equipo local donde o Numancia non foi capaz de dar mais de tres pases seguidos, e así pouco ou nada se pode facer. O pouco achegamento que tiveron os de Ares a área local foi a través de faltas ou de saques de esquina.
Con moita diferencia, foi o peor partido que fixeron os numantinos nesta primeira fase da copa. Nos quedan dous partidos para finalizar ésta fase, contra o Amistade de Meirás e o Galícia de Caranza “B”, e esperamos e desexamos que o Numancia volte a senda do xogo de fai unhas xornadas.