INFANTIS. NARON "B", 0 - NUMANCIA, 3.

ADR Numancia de Ares. Infantís 2012-2013. Narón MERECIDA VITORIA DO NUMANCIA

Partido correspondente á séptima xornada de copa que finalizou con vitoria do Numancia. Ao descanso chegouse con empate a ceros.

 

 

 

O Cadaval, 27 de Outubro de 2.012

ALIÑACIONS:

NARON “B”: Aaron (Francisco min. 71), Joel, Mario, Borja, Jose Andrés (David  min. 64),  Samuel, Alejandro (Jorge min. 46) , Jose Ignacio, Diego, Roberto e Pablo ( Adrian min. 58).

NUMANCIA: Fernando, Aléxis, Raul Anido, Antonio (Marcos min. 50), Adrián Aneiros, Piñeiro, Enol, Fran Anido (Gabri min. 40), Alex (Javi min. 58), Luís (Adrián García min. 58) e Pablo

COLEXIADO: Diego Fernández Gonzalez. Amoestou ao entrenador no Naron “B”  e a os xogadores, Jose Ignácio, Borja, Jorge e Samuel do Naron “B”.

GOLES:

0 – 1: Piñeiro (min. 50) - balón roubado no medio do campo que recolle Piñeiro, quen cunha magnífica vaselina bate ó porteiro local.

0 – 2: Piñeiro (min. 56) - Falta directa lanzada por Piñeiro dende 25 mtrs que entra pola escadra dereita da portería de Aaron. GOLAZO.

0 – 3: Pablo (min. 73) - Contragolpe maxistral de Enol, que da un pase á espalda da defensa local que recolle Pablo e bate cun disparo cruzado a Francisco.

COMENTARIO:

Partido que comezou con bo ritmo e no que ningún dos equipos foi quen de levar a iniciativa do xogo. Dous equipos cun nivel parello, deixándonos unha primeira parte gris, con só dúas chegadas claras a gol, por parte do Narón, no que tanto Fernando como a defensa do Numancia estiveron moi acertados.

Na segunda parte, o Numancia saiu con outra cara e así empezaron a chegar as ocasións de gol, e os goles, incluso desaproveitando algunha moi clara. Pola contra, tanto a nosa defensa como os centrocampistas solventaban moi ben o empuxe e as poucas ocasions que tivo o Narón.

En resumen, moi bo partido do Numancia ante un bo equipo o Naron “B”, o que lle permite os de Ares ter a posibilidade de seguir tras o obxectivo de entrar entre os seis primeiros de grupo.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.