INFANTÍS: O VAL, 2 - NUMANCIA 3.

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. O Val 2, Numancia 3O Numancia derrotou ao lider no seu feudo.

Sábado, 4 de abril de 2009.

Ramón.


CATEGORIA de INFANTÍS

O VAL, 2 - NUMANCIA 3.


ALINEACIÓNS:

O VAL: Lois, Ricardo (Diego, 71), Manuel Brandeiro, Chistián, Juan, Alejandro (Manuel Gallego, 52), Germán, Francisco (Diego, 65), Alberto, Marcos, Aaron (Gabriel, 41).

NUMANCIA: Pepe, Verónica, Adrián, Miguel, Miguelito (Dario 55), Xaime, Javier, Juan (Alberto, 52), Ricardo (Alejandro, 71), Edu, Andrés (David, 41).


ARBITRO: Miguel Eiroa Castro.


COMENTARIO:

Na mañá do sábado puídose gozar dun espectacular e vibrante encontro, entre O Val e o Numancia, no inexpugnable campo de Sinde, proba delo e que no que vai de tempada, o líder aínda non cedera un só punto no seu feudo. No encontro exerceron de capitáns Marcos polo Val e Adrián polo Numancia.

Dende o asubío inicial os locais saíron a polo partido, mostra diso, foi que o primeiro cuarto de hora de encontro foi un claro dominio do Val, no que atosigaron a área numantina e crearon tres claras ocasións de gol que non materializaron. Pola contra os visitantes apenas inquietaron a meta local.

 

No minuto 17 un corner maxistralmente colgado á área por Xaime é rematado de cabeza por Edu para establecer o 0 – 1. A partires dese momento o encontro cambiaría radicalmente, o Numancia veuse arriba e O Val non tivo máis remedio que repregar as súas liñas, comezándose a gozar dun apaixonante e entretido encontro con fútbol de moita calidade, despregado por os dous conxuntos e no que ambos dispuxeron de boas ocasións de gol. No minuto 37 balón colgado dende o pico da área da meta numantina, o gardameta non sae a atallalo e Berto libre de marca remata de cabeza para establecer a igualada. Nos tres minutos anteriores á finalización da primeira metade o Numancia gozaría de dous clarísimas ocasións, unha nas botas de Ricardo que sae rozando o longueiro e outra de Edu que de tiro cruzado estrela o esférico na base do pau.


Co empate no marcador e as espadas en todo o alto marcharían ao vestiario. Os aresáns estaban moi motivados e metidos no encontro o que garantía unha interesante segunda metade. Dende o asubío inicial os locais volveron saír a polo partido adiantando excesivamente as súas liñas, consecuencia diso, no minuto 45, saque fortísimo de Pepe (ao estilo Reina) que colga o balón practicamente na área local, os defensas non acertan a controlalo, Edu máis vivo róubao, encara o gardameta e báteo por baixo de tiro cruzado, poñendo de novo ao Numancia por diante no marcador. A partir deste novo gol e apoiados pola calor dos numerosos afeccionados desprazados ata O Val, o Numancia apoderouse do encontro durante moitos minutos, creando varias ocasións de gol, na que a máis clara foi unha vaselina de Edu que se estrelou no longueiro. Os incesantes contraataques do Nunancia obtiveron o seu premio no minuto 68, balón en profundidade de Xaime, Ricardo controla, leva a toda a defensa, encara o gardameta e nun man a man báteo por baixo para establecer o 1 - 3.

O Val tamén gozaría dalgunhas boas ocasións pero unhas veces a falta de acerto dos seus dianteiro e noutras as boas intervencións do meta aresán impediron que as materializasen. Xa co encontro prácticamente rematado, minuto 78, internada pola banda esquerda de Germán que de tiro raso e cruzado bate a Pepe para establecer o 2 - 3 definitivo.

En resumo partido espectacular e intenso o que nos ofreceron ambos os dous conxuntos e no que o Numancia se levou merecidamente os tres puntos.

No conxunto aresán, se houbese que destacar algún xogador, este sería o E Q U I P O ao completo, no que quizais foi, se non o mellor, un dos mellores encontros da tempada. Noraboa a tod@s

 
 

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. O Val 2 - Numancia 3.

 

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. O Val 2 - Numancia 3.

 

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. O Val 2 - Numancia 3.

 

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. O Val 2 - Numancia 3.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.