Inicio Noticias Infantís TRIANGULAR INFANTIS. EUME, NUMANCIA E G. MUGARDOS
 
 

TRIANGULAR INFANTIS. EUME, NUMANCIA E G. MUGARDOS

A.D.R. Numancia de Ares. Triangular de infantiles. Eume, Galicia de Mugardos y Numancia en Prados VellosO EUME GAÑADOR DO TRIANGULAR DE INFANTIS.

O Eume proclamouse gañador do triangular da categoría infantil na matinal do sábado, ao imporse ao Galicia de Mugardos por 2-0 e ao Numancia por 4-0. O encontro entre Numancia e Galicia de Mugardos finalizou con vitoria local por 3-0.
Prados Vellos. 1 de setembro de 2012.
 
ALIÑACIONS:
 
EUME:  Alex García, Francisco Vázquez, Andrés García, Jorge Freijomil, Raúl Cernadas, Iván Filgueiras, Carlos Leira, Iago Leira, Adrián Sanjuán, Alejo Torres, Antón Piñeiro, Diego Quintela, Martín Fernández, Enrique Rodríguez, Álvaro Díaz, Miguel Leira, Miguel Veiga, Ángel Miser, Borja Penedo e Iago Martínez.
 
GALICIA DE MUGARDOS: Miguel, Diego, Alba, Jorge, Sergio, Miguel, Mauro, Adam, Borja, Rocha, Rafa, Pablo, Diego, Jonathan e Iván.
 
NUMANCIA: Nando, Alexis, Adrián Aneiros, Marcos, Raúl Anido, Gabi Oliveira, Pablo Enol, Antonio, Fran Anido, Luís, Pablo Ferro, Adrián García, Pablo Vascós,  Carlos Piñeiro e Alex.
 
ÁRBITRO: David Bouza Leiro.
 
EUME, 2 - GALICIA DE MUGARDOS, 0  
 
Goles: 1-0: Iván . 2-0: Borja 
 
Partido dominado polo Eume con algunha contra dos de Mugardos pero que non foron suficientes para incomodar aos eumeses. O eume adiantouse aos 10 minutos por medio de Iván. O Galicia acusou o golpe e aproveitouno novamente o Eume para anotar o seu segundo tanto no minuto 18. A partir de aí e cos cambios o Eume seguiu dominando pero o Galicia estirouse un pouco e conseguiu incomodar algo máis ao rival. Ao final vitoria do Eume por 2-0 cunha boa imágen do conxunto de Pontedeume.
 
NUMANCIA, 3 - GALICIA DE MUGARDOS, 0
 
Goles: 1-0: Fran Anido. 2-0: Alex Feal. 3-0: Alex Feal.
 
O Galicia de Mugardos non acusou o esforzo do primeiro encontro e saíu moi centrado no partido, dominaba o partido e sólo se vía inquietado por algunha contra dos locais. Aos 15 minutos os visitantes dispuxeron da mellor ocasión ao enviar un balón ao traveseiro. Do que podería ser o 0-1 pasouse ao 1-0 no minuto 17 culminando unha contra Fran Anido. O Galicia non veu abaixo e seguiu buscando o gol pero descoidou a defensa e aproveitaríao no minuto 29 Alex Feal grazas a un balón en longo ás costas da zaga visitante. O Galicia marchouse ao ataque e xogou con tres defensas para buscar anotar, esta situación foi novamente aproveitada por Alex Feal preto do final do partido para deixar o 3-0 no marcador. A pesar da vitoria os locais non mostraron a súa mellor cara e sacaron un premio quizais excesivo para o xogo desenvolvido.
 
NUMANCIA, 0 - EUME, 4
 
Goles: 0-1: Ajelo Torres. 0-2: Alejo Torres. 0-3: Alejo Torres.  0-4: Iago Martínez.
 
Esperábase algo máis do encontro entre aresanos e eumeses pero pronto se vió que os locais eran superados no xogo polos visitantes. O Eume xeraba mellor xogo e chegaba á área local con perigo. O Numancia non conseguía controlar o medio campo e perdía con rapidez o balón. Aos 13 minutos Alejo abriría o marcador aproveitando un erro defensivo en cadea. Aos 21 un erro no saque do meta local é aproveitado novamente por Alejo que anota o 0-2.  As diferenzas no xogo acentuáronse e anotaron o terceiro tanto grazas a unha bonita combinación iniciada en banda esquerda con cambio de xogo á dereita e pase á área para que novamente Alejo anote o 0-3. Pecharía o marcador Iago Martínez no 33 onde pelexou o balón con máis ganas e acerto que a defensa local. O Numancia con apenas un par de xogadas á contra  que non se souberon concretar por indecisión na execución unha e por lentitude na outra.
 
En resumo un triangular matinal entretido que nos deixa a un Eume con moi boas maneira buscando sempre o xogo combinativo, un Numancia que só creou perigo á contra e que se mostrou demasiado apático e un Galicia de Mugardos con boas maneiras e que mereceu algo máis que irse de Prados Vellos con cinco goles en contra e ningún a favor.
 
Por último agrader a todos os xogadores, colaboradores e afeccionados a presenza en Prados Vellos para participar neste triangular de infantís.
 
 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.