Inicio Noticias Infantís INFANTÍS :NUMANCIA, 3 - G. CARANZA 4.
 
 

INFANTÍS :NUMANCIA, 3 - G. CARANZA 4.

O Numancia cae derrotado no tempo engadido.

Sábado, 21 de marzo de 2009.

Ramón.


CATEGORIA de INFANTÍS

NUMANCIA, 3 - G. CARANZA 4.


ALINEACIÓNS:

NUMANCIA: Pepe, Roque (Juan, min. 41), Adrián, Miguelito, Dario (Juan Carlos, min. 41), Xaime, Javier, David (Andrés, min. 58), Ricardo (Alejandro, min. 68), Quique, Edu.

G. CARANZA: Álvaro Dopico, Alejandro Pereira (Álvaro Vidal, min 52), Pablo Carballo, Alejandro Vidal, Marcelo, Pablo Romero, Daniel (Marcos, min. 62), Adrián González, Adrián Herrero (Juan, min. 58), Kevin (Martín, min. 70), Larry.

ARBITRO: Miguel Eiroa Castro.


TARXETAS:

Recibiron tarxetas amarelas Xaime do Numancia e Martín do G. de Caranza.


INCIDENCIAS:

O Numancia caeu derrotado en Prados Vellos diante do G. de Caranza nunha segunda metade á que o colegiado engadeu, incomprensiblemente e sen motivos aparentes, cinco minutos por enriba do tempo regulamentario, a pesar de que os adestradores de ambos os dous conxuntos lle advertiron reiteradas veces da devandita circunstancia.


COMENTARIO:

Partido moi disputado e de grande intensidade o xogado entre o Numancia e G. de Caranza, e no que exerceron de capitáns Edu e Daniel. A os tres minutos o encontro xa se poñía de cara para o Caranza ao adiantarse no marcador por medio de Larry en xogada individual que parte de medio campo e plántase na área para bater a Pepe por baixo. No minuto nove, Pablo Romero de fortísimo disparo dende os tres cuartos, sorprende por alto ao gardameta aresán, que nada pode facer, para establecer o 0 - 2 no marcador. O Numancia gozaría de dúas boas ocasións, unha nas botas de Ricardo nun man a man co gardameta visitante e outra de Edu a tiro cruzado que sae pegado ao poste. Nesta primeira metade o mellor plantexamento e posición no terreo de xogo dos visitantes permitiulles irse aos vestiarios cunha clara vantaxe no marcador.

Na segunda metade o Numancia comezou mellor, tivo máis a posesión do balón, e en defensa, coas incorporacións, de Juan e Javier frearon con máis eficacia as acometidas dos ferroláns. Os froitos desta melloría non tardarían en chegar, así no minuto 49, Edu ao saque dunha falta no pico da área colga un balón que é rematado de cabeza por Quique para establecer o 1 - 2. No minuto 55, Quique ao saque dun corner colga o esférico que é rematado por Edu, fórmase un barullo na área pequena e a defensa visitante no seu intento de despexar o balón, introdúceo en propia meta, 2 - 2.

As espadas estaban en todo o alto, aínda restaba moito encontro por disputar, e o resultado tornábase incerto á vista do acontecido ata ese momento. Non había tregua por parte de ningun dos equipos e as ocasións sucedíanse en ambas as dúas porterías. No minuto sesenta e cinco, forte disparo dende fóra da área, Pepe rexeita o balón que cae na cabeza de Larry que só ten que empurralo ao fondo das mallas, para volver a adiantar a os ferroláns no marcador, 2 – 3. Catro minutos máis tarde pase en profundidade de Xaime dende medio campo que gaña as costas dos defensas, recólleo Edu, regatea o gardameta e marca a porta baleira para establecer de novo o empate. Os últimos dez minutos foron un toma e daca en ambas as dúas áreas nas que os defensas e gardametas tiveron moito traballo.

No tempo engadido polo colexiado, sen saberse a conto de que, contraataque do Caranza polo centro, falta ao bordo da área que o arbitro non sinala aplicando a lei da vantaxe e que deixa tendido un xogador no céspede, a defensa aresán máis preocupada polo xogador que pola xogada se despista, centro raso á área pequena que é aproveitado por Juan para establecer o 3 -4 definitivos. Xa non habería tempo para máis porque esta xogada poría fin ao encontro.

Nesta segunda metade hai que destacar o bo xogo dos aresáns, que foron quen de levantar un 0 -2, e igualar de novo o marcador a tres. Aínda que o máis xusto oubese sido un empate, a derrota non empaña en absoluto a sensacional segunda metade que realizaron, polo que merecen ser felicitado colectivamente. No plano individual cabe destacar o labor realizado por Adrián, Quique, Javier (en defensa) e Xaime.

Agradecer os ánimos que en todo momento mostrou o numeroso público que se deu cita en Prados Vellos, e ainda que o equipo non está a atravesar os seu mellor momento, eles seguenos apoiando.

Como apunte final facer unha chamada de atención á actitude, en canto a xogo sucio, mostrada no encontro por algúns xogadores de ambos os dous equipos. Actitude que non conduce a nada, máis que ao deslucimento do fútbol, ou algunha lesión con menor, ou no peor dos casos, maior gravidade.

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. Numancia -Galicia de Caranza.
 S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Categoría Infantil. Numancia -Galicia de Caranza.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.