INFANTÍS. NUMANCIA, 2 - E.F. CARANZA, 1

BUSCARON A VITORIA
As ocasións de gol falladas polos aresáns na primeira parte estiveron a piques de pasarlles factura.

 

Ares, 1de maio de  2012
Partido correspondente á vixésimo cuarta xornada de liga do grupo V da liga infantil ferrolá.

Estas foron as aliñacións presentadas polos dous equipos:


NUMANCIA: Adrián (Antonio, m. 41); Raúl (Nico, m. 51), Fran Martínez (Lemos, m. 61), Pablo (Seijas, m.67), Óscar; Miguel (Rañales, m.51), Emi, Piñeiro, Fran, Carlos e Antón.
Adestrador: Antonio González
Delegado: Javier Aneiros

E.F. GALICIA CARANZA: Miguel (Bruno,m.41), Marcos, Edgar, Jose, Alejandro, Diego, Antonio (Raúl, m. 69), Brais (Luís, m. 41), Mario, César (Eiriz, m. 63) e Pablo (Caneiro, m. 41).
Adestrador: Emilio Casas
Delegado: Fernando Ferreira

ÁRBITRO: Juan Jesús Espiñeira Vara. Amoestou a Raúl (Caranza)

GOLES:  
1 – 0 (m. 30): Extraordinario disparo de Fran desde fóra da área que entra como un obús.
1 – 1 (m. 65): Recorte de Luís dentro da área local que o deixa só diante de Antonio que nada pode facer ante o tiro do xogador do Caranza.
2 – 1 (m. 75): Lanzamento de falta directa de Fran que empuxa Emi desde o punto de penalti, diante do gardarredes visitante que non pode atallar o balón, entrando este mansamente na súa portería.

COMENTARIO: Os primeiros corenta minutos foron un monólogo do Numancia, controlando o xogo, tendo a posesión do balón e creando catro ou cinco ocasións de gol moi claras que non souberon materializar os xogadores locais. Do Caranza só podemos lembrar unha chegada á portería de Adrián que resolveu ben a defensa local. E menos mal que Fran lanzou un lategazo que supuxo esa mínima vantaxe coa que se chegou ao descanso.
Cambiaron as tornas na segunda parte (quizás o vento teña algo que ver) e era o Caranza o que dominaba o partido e creaba un par de ocasións ben resoltas por Antonio. Aínda así, o Numancia saía con algunha contra na que puido conseguir un segundo gol, pero hoxe non eramos quen de rematar ben as xogadas. E o empate chegou, tal e como se prevía, tras o dominio visitante. Xusto ou non, pois os goles hai que metelos, parecía que o partido se lle ía pór costa arriba pero non, os numantinos reaccionaron ben e despois dunha ocasión que finalizou cun remate ao traveseiro e outra xogada que rozou o gol, chegou o tanto de Emi (esta vez si que nos aliamos coa sorte) que supuxo a vitoria.
Outro partido traballado e disputado, como fora o anterior nas Pontes, que nos permitiu volver a comprobar que o equipo está ben adestrado, que os xogadores coñecen as súas funcións e que dan todo o que teñen, con disciplina e esforzo. Non lles podemos pedir máis, nin a eles nin ao adestrador. Cando vemos que se inculca o bo trato ao balón desde o porteiro; cando observamos que todos buscan combinar co compañeiro; cando constatamos que todos os xogadores dispoñen de minutos; cando avaliamos a progresión destes rapaces, … só queda felicitalos polo seu bo traballo.
A vindeira xornada toca descanso, así que o vindeiro partido será o sábado, 12 de maio en Miño.



 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.