INFANTIS. NUMANCIA, 4 - AMISTADE MEIRAS, 0.
VITORIA, PERO CON MOITO TRABALLO
Partido correspondente á xornada 20ª do campionato de liga disputado en Prados Vellos o pasado sábado e que rematou con vitoria local por catro a cero, ao descanso o marcador era de dous a cero a favor do Numancia.
Ares, 31 de marzo de 2012.
ALIÑACIONS:
NUMANCIA: Antonio (Fernando, 41), Lemos, David Gil (Rolo 61´), Óscar, Seijas, Nico (Alexis 41´), Emi, Miguel, Antón (Ían 54´), Pablo (Ranales 41´) e Luís.
Adestrador: Antonio González.
Delegado: Javier Aneiros.
AMISTADE MEIRAS: Abel, Cristián, Dani, Nando, Diego (Mahía 44´), Alex, Sergio, Jorge, Marcos, Luís e Jose.
Adestradores: José Roca e Vicente Dopico.
Delegado: Juan Carlos Carballo.
GOLES:
1 - 0: Luís (min. 25), tras un centro lateral a defensa visitante deixa botar o balón e na caída Luís mete a bota.
2 - 0: Emi (min. 31), bote dun córner a favor do Numancia, o balón paséase por diante da portaría, chega ao segundo pau contrólao Emi e de forte disparo cruzado envía o fondo da rede.
3 - 0: Rañales (min. 72), bonita xogada por banda dereita do Numancia con centro de Rolo ao punto de penalti, o balón queda rifado entre Rañales e un defensor, pero o dianteiro aresán adiántase ao xogador do Amistade e cruza o balón ao pau contrario.
4 - 0: Ían (min. 74), penalti sobre Emi que transforma Ían.
COMENTARIO:
Partido moi trabado e falto de intensidade ante un adversario que non creou moito perigo cara a porta, aínda que xogaron moi ordenados. No equipo local tiveron bastante protagonismo aqueles rapaces que habitualmente xogan menos minutos.
En xeral o partido foi de dominio local, e os de Ares apenas pasaron apuros posto que o Amistade, exceptuando nalgunha xogada a balón parado, tivo pouca profundidade no seu xogo. Aínda así, malia o dominio do Numancia, o Amistade non llo puxo nada doado aos de Ares, pois cunha defensa ordenada e coa boa actuación do seu porteiro desbarataron en moitas ocasións o xogo ofensivo local. Soamente na ultima media hora de partido os de Ares, cun xogo de elaboración e ordenado, ofreceron os mellores minutos do partido. En parte tamén facilitado polo cansazo do Amistade que tan só se presentou cun cambio ao choque, circunstancia que lles pasou factura na segunda metade.
A vindeira semana adestrarase o martes 3 de abril.