Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. PERLÍO, 6 - NUMANCIA, 1
 
 

INFANTÍS. PERLÍO, 6 - NUMANCIA, 1

SEN FORZAS
O conxunto fenés derrotou claramente aos aresáns. Ao descanso chegouse cun 2 – 0 favorable para o Perlío.


Ares, 10 de marzo de 2012
Partido correspondente á décimo sétima xornada de liga do quinto grupo ferrolán, celebrado este sábado no magnífico campo de Os Pinares
ALIÑACIÓNS:
PERLÍO: Rubén; Antón, Pablo, Montero, Marcos, Javi, Brais, Alejandro, Canosa, Aaron e Marcos. Tamén xogaron: Daniel, Rico, Fernández e Rui.
Adestrador: Óscar Varela
Delegado: José Luís Martínez
NUMANCIA: Adrián; Raúl, Nico, Óscar, Pablo; Miguel; Emi, Antón, Fran, Carlos; Sergio. Na segunda parte entraron Antonio, Lemos, Alexis, Rañales e Ían.
Adestrador: Antonio González
Delegado: Javier Aneiros
ÁRBITRO: Roberto Landrove. Houbo un cartón amarelo para Montero (Perlío).
GOLES: Aaron (2) e Marcos (4) para o Perlío. No Numancia, Óscar materializou un penalti cometido sobre Emi.
COMENTARIO: Transcorridos uns dez minutos iniciais de tanteo, o Perlío apodeurose do control do partido, creando continuas chegadas á meta defendida por Adrián. Aínda así, o primeiro gol non subiu ao marcador ata o minuto 25. Nesta primeira parte, o Numancia tan só tirou á portería de Rubén en dúas ocasións: un disparo desde lonxe de Emi; e outro de Fran, con máis perigo e intención. Co paso dos minutos, os locais aumentaron a posesión do balón mentres os aresáns acusaron tanto as dimensións do terreo coma a calor, amosando unha frouxa condición física. Puideron sumar máis goles os locais de non ser polas boas intervencións de Adrián e o erro nos disparos.
Na segunda parte, non cambiou a fasquía do partido. Seguiu mandando o Perlío, ben posicionado no campo e con tres xogadores, un por liña, que se converteron no eixo dos locais. Precisamente, un deles, Marcos, acaparou a banda esquerda e as súas entradas foron un auténtico puñal para a defensa aresá.
Con esta vitoria o Perlío confirma totalmente a terceira praza na liga e ao Numancia quédalle loitar pola cuarta posición, xa moi distanciado dos feneses.
Na vindeira xornada toca descanso.
 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.