INFANTÍS: ORTIGUEIRA, 6 - NUMANCIA, 3.

A pesar da derrota, o Numancia executou unha segunda metade espectacular.

Sábado, 14 de marzo de 2009.

Ramón.


CATEGORIA de INFANTÍS

ORTIGUEIRA, 6 - NUMANCIA, 3.


S.D.R. Numancia de Ares. Categoría Infantil. Temporada 2008-2009. Ortigueira - NumanciaALINEACIÓNS:

ORTIGUEIRA: David (Daniel, min. 58), Adrián, Ignacio, Álvaro, Martín, Diego, Carlos Docal (Manuel, min 63), Andrés, Jorge (Luís, min. 42), Carlos Marina (Andrés, min 46), Bruno.

NUMANCIA: Roberto (Alejandro, min. 41), Roque, Miguel, Adrián, Miguelito, Xaime, Javier, David, Ricardo, Edu, Juan (Dario, m. 41)

ARBITRO: Víctor M. García Villaverde.


TARXETAS:

No minuto 45 recibiu tarxeta amarela Andrés, xogador do Ortigueira.


INCIDENCIAS:

O desprazamento a Ortigueira xa non comezou con bo pé para o Numancia, pois debido a un fallo de coordinación no embarque dos coches, todo o material deportivo quedou esquecido en Ares, polo que houbo que retornar case dende Ortigueira para recuperalo. Por se isto non fose suficiente, á metade do equipo avarióuselle o "GPS" e pegáronse unha excursión ata más alo de Espasante en busca do campo de fútbol, presentándose neste a falta de cinco minutos para a hora de comezo do encontro. Menos mal que o arbitro tampouco tivo o seu mellor día e tamén chegou tarde. Ao final todo quedou nunha anécdota.

Ante a falta de material deportivo o Numancia xogou cunhas camisetas prestadas polo equipo local, ao que dende aquí lles agradecemos a deportividade e a amabilidade que nos dispensaron para que se puidese desenvolver o encontro sen ningún outro contratempo.


COMENTARIO:

Salvadas todas as contrariedades dá comezo o encontro, con vinte e cinco minutos de atraso. Exerceron de capitáns Ignacio e Edu. Corría o minuto 4 cando Ricardo gozaría dunha clarísima ocasión de gol baixo os paus da meta local, que errou por posible penalti, que o arbitrio non viu. As cousas comezaban ben pero pouco a pouco os orteganos foron gañando terreo aos aresáns, que non eran capaces de parar ao rival. Ante tanto acoso, no minuto 14, chegaría o primeiro gol para os locais, ao saque dunha falta dende os tres cuartos, Xaime rexeita o balón, cae nos pés de Ignacio, que libre de marca remata a pracer. Un minuto despois contraataque rapidísimo polo centro dos orteganos, Miguel falla no rexeitamento e deixa o balón morto nos pés de Álvaro que bate por baixo a Roberto, 2 - 0. Os locais vendo a súa superioridade e esporeados pola súa afección envorcáronse na portería dos aresáns que non atopaban a forma de desembarazarse dos continuos ataques. Así nos minutos 21, 23 e 27 encaixarían tres novos tantos, obra de Ignacio (2) e Martín para chegar ao descanso cun parcial de 5 a 0 a favor dos orteganos e cun Numancia totalmente abatido, que aínda que gozara de varias ocasións a balón parado, non atoparon porta.

No descanso charla, corrección de erros e cambios tácticos (Alejandro substitúe a Roberto e Dario a Juan, Xaime ocupa a portería e Adrián o mediocampo)

Dá comezo a segunda metade, e unha vez asentados no céspede, Adrián e Edu fixeronse amos e señores do medio campo, cos contraataques polas bandas de Dario - David – Ricardo, e, Roque - Javier, unha defensa férrea exercida por Miguel - Dario e Roque e a imposición de Xaime na portería, desbordaron ao rival, que se ven, iva por diante no marcador, veuse desbordado polo xogo do Numancia . E puidemos gozar dun dos mellores encontros do aresáns, que non permitiron xogar prácticamente aos orteganos. Soamente na xogada do sexto gol, minuto 74, obra de Álvaro, e un par de ocasións a balón parado conseguiron intimidar a meta numantina.

Pola contra o Numancia cun gol de Edu de penalti no minuto 56. Edu de novo no 79 e Ricardo de cabeza no tempo de desconto, anotarían un parcial de 1 - 3 nunha segunda metade de autentico fútbol e na que gozarían de varias ocasións máis de gol.

Ao final xusta vitoria do Ortigueira por 6 -3 nun partido no que destacou a melloría do xogo dos aresanos na segunda metade. Polo que merecen ser felicitados, "P O D E M O S".

A pesares de ser éste un dos desprazamentos máis longos realizados esta tempada, foron moitos, os pais e familiares que se desprazaron ata Ortigueira para apoiar e animar ao equipo. Polo que agradecemos o seu apoio e os emprazamos a que continúen así.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.