Inicio Noticias Infantís INFANTÍS. EF CARANZA, 3 - NUMANCIA, 3
 
 

INFANTÍS. EF CARANZA, 3 - NUMANCIA, 3

EMPATE FINAL E ...GRAZAS

Os tres goles de vantaxe do descanso aventuraban un resultado máis favorable aos de Ares.
Ares, 29 de xaneiro de 2012
Partido correspondente á undécima xornada de liga do grupo V da liga infantil ferrolá, disputado nas instalacións de Caranza.
Estas foron as aliñacións:
 
EF CARANZA: Bruno; Edgar, José, Alejandro, Jorge, Antonio, Diego, Luís, Marcos, César e Mario. Tamén xogaron: Daniel, Miguel, Marcos, Eiriz e Iván.
 
NUMANCIA: Adrián; Raúl, Óscar, Nico, Fran; Miguel, Carlos; Emi,  Piñeiro, Antón e Pablo. No transcurso da segunda parte foron entrando: Fernando, Rañales, Lemos, Seijas e Ían.
 
ÁRBITRO: Pablo Cerda Gallegos.
 
GOLES:  Edgar (p.p.), Antón e Miguel para o Numancia; polo Caranza: Luís, Marcos e Daniel.
 
COMENTARIO: A irregularidade desta temporada fíxose patente unha vez máis no equipo infantil do Numancia, que ofreceu dúas caras moi diferentes no partido xogado este sábado en Caranza. Observamos unha primeira parte con boas triangulacións que finalizaban con desprazamentos de balón en profundidade ás bandas, sobre todo á dereita, onde Emi conseguía internarse facendo valer o seu poderío físico e velocidade. Precisamente foi Emi quen deu o pase para o primeiro gol, nunha excelente xogada do equipo visitante que rematou en propia meta un defensa local, intentando evitar o gol. O segundo gol aresán chegou tras presionar na área ao defensa ferrolán, quitándolle Antón o balón e rematando de maneira excelente por riba do porteiro. Conseguía o Numancia un resultado moi favorable, aínda que non controlaba o partido e co terceiro gol, materializado por Miguel ao recoller un rexeite na área pequena, parecía que quedaba sentenciado o partido.
Nada máis lonxe da realidade. Os segundos corenta minutos  presentaron a un Numancia máis apático, quizás máis canso e confiado. Ademais as dimensións do campo repercutiron nas forzas, xa non se ocupaban as zonas e o Caranza comezou a buscar os goles que lle permitiran a remontada. Unhas actuacións desafortunadas dos aresáns axudaron ao empuxe local e os goles foron subindo ao marcador, sen que o Numancia tivese maneira de desfacerse da presión local. Sufriuse ata o último minuto pois ocasións houbo para que a remontada local fose total.
Coma reflexión final, debemos salientar e lembrar unha vez máis cales son os obxectivos deste plantel. Nunca debemos esquecer que estes rapaces están nunha fase de formación e, por tanto, os obxectivos non son conseguir resultados, senón procurar unha mellora nos distintos aspectos futbolísticos. Dito isto, tampouco podemos esquivar  a crítica e esixir unha actitude máis competitiva nos rapaces. E finalmente, tamén debemos valorar que todos os nenos están gozando de minutos, xogando os partidos que necesitan para facerse futbolistas. 
 

Para ver fotos do partido ofrecidas por "muchacalidad.com" PICA AQUI

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.